Menu Content/Inhalt
INICIO
Lei Eólica: novas formas, vellos erros PDF Imprimir E-mail
leieolica.gif26 de novembro de 2009. Coa aprobación da Lei que regulamenta o aproveitamento eólico de Galiza, perderase outra oportunidade para o desenvolvemento sustentábel do sector. Seguimos sen un modelo que estableza as condicións para harmonizar esta industria co respecto ao ambiente e á xustiza social. Nen a anterior administración nen a actual foron quen de abrir o debate social para consensuar un novo modelo eólico e enerxético, lonxe do consumismo desbocado e do produtivismo a ultranza. Pero a nova Lei Eólica vén desfacer o camiño andado polo Decreto 242/2007 (a piques de se derrogar) que anque insuficiente, avanzaba nas garantías ambientais e sociais dun sector dende sempre controlado polos tabeiróns da enerxía. ADEGA presentou aos 3 grupos parlamentares as súas propostas que, previsibelmente, non serán aprobadas: todo está xa amarrado dende a aperta de Galán a Feijóo.
 
Proxecto Ríos participa no III congreso estatal sobre especies exóticas invasoras PDF Imprimir E-mail
grc3a1fic.jpgOs días 24 a 27 de novembro o Proxecto Ríos vai participar no III Congreso sobre Especies Exóticas Invasoras, organizado polo grupo de especialistas en Invasiones Biolóxicas (GEIB). Presentaremos un poster co título "O papel da educación e do voluntariado ambiental na xestión das EEI", no que se recollen reflexións e apuntamentos sobre o papel da EA e do voluntariado en actividades de erradicación de especies exóticas e invasoras (EEI).
 
A piscifatoría de Touriñán é incompatíbel coa conservación de hábitats e especies protexidas PDF Imprimir E-mail
habitatstourinham.jpgCompostela, 25 de novembro de 2009. A proxectada piscifatoría de cabo Touriñán afectaría gravemente a hábitats cuxa conservación é prioritaria (case a metade da superficie total, 350.000 m2) así como a unha especie vexetal vulnerábel, a Linkagrostis juressi, do Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Así o confirma un informe elaborado polo prof. de botánica da USC Xabier Amigo Vázquez. Á vista destas afeccións, o científico considera que o proxecto acuícola de Touriñán resulta INCOMPATÍBEL coa conservación dos hábitats e especies protexidos. Van a Sra. Quintana e o Sr. Feijóo a respectar a lexislación europea, estatal e galega que protexe a Rede Natura ou suprimirán por decreto os valores naturais de Touriñán para contentar a Pescanova? Baixa o Informe HABITATS TOURINHAN.pdf Informe HÁBITATS TOURIÑÁN (168 KB)
 
Virxinia Rodríguez, nova Presidenta de ADEGA PDF Imprimir E-mail
34asemblea1.jpgCompostela, 23 de novembro de 2009. A 34ª Asemblea Xeral de ADEGA elixíu a Virxinia Rodríguez como nova Presidenta de ADEGA. Virxinia Rodríguez, até o de agora Secretaria Xeral, accede á presidencia en substitución de Adela Figueroa, que ostentou este cargo os últimos catro anos. A presidenta saínte, histórica fundadora de ADEGA pasa a testemuña a Virxinia Rodríguez para dar máis pulo á asociación nuns intres de crise ambiental, económica e social. A Asemblea agradeceu o traballo e o compromiso co país e co ambiente amosado sempre por Adela Figueroa, que seguirá sendo a responsábel de Transporte e Mobilidade. A nova Presidenta Virxinia Rodríguez manifestou o seu anceio de continuar traballando na defensa ambiental de Galiza coa intelixencia, compromiso e independencia que ADEGA vén amosando dende hai 34 anos.
 
34ª Asemblea Xeral de ADEGA: o ecoloxismo, máis necesario que nunca PDF Imprimir E-mail
34asemblea.jpegSábado 21 de novembro, Pazo de Eidián (Agolada). Será a 34 Asemblea Xeral que celebra ADEGA nos seus 33 anos de vida. Desta volta, estará organizada pola delegación do Alto Ulla, na que se ubica o equipamento ambiental da Eira da Xoana. O lugar será o Pazo de Eidián, no concello de Agolada, Pontevedra. Neste lugar celebraranse as reunións da Asemblea e será tamén a cea de confraternización do sábado 21. Nuns intres nos que no país estamos a asistir a unha involución nas políticas ambientais, precisamos máis que nunca dun ecoloxismo forte nunha sociedade comprometida. Acode e participa nos actos da 34ª ASEMBLEA de ADEGA e coñece a túa casa no Alto Ulla!
 
Roteiro polo Alto Ulla: dende Pambre a Arqueixal PDF Imprimir E-mail
Domingo, 22 de novembro de 2009. O segundo roteiro do ciclo 2009-2010 organizado por ADEGA Lugo por camiños históricos transcorrerá polo do Alto Ulla, através do camiño real. Comezaremos polo Castelo de Pambre, BIC (ben de interese cultural) do século XIV e capela do S. XII, aínda de propiedade privada, que  pretendemos recuperar para o uso público coas “Marchas Irmandinhas”. Precisamente ás 10h e como inicio do roteiro, haberá un acto reivindicativo no Castelo para esixir das administracións a súa recuperación.

O TSXG anula o acordo do consello da Xunta que aprobou a piscifatoría de Rinlo PDF Imprimir E-mail
Lugo, 18 de novembro de 2009. O TSXG volta a desacreditar as actuacións do goberno Fraga respecto da piscifatoría de Rinlo (Ribadeo). Logo de que o TSXG emitira sentenza este 23 de setembro contra a resolución da D. X. de Calidade e Avaliación ambiental do último goberno Fraga, que aprobaba a DIA da piscifatoría de Rinlo (Ribadeo), agora vén de emitir outro fallo que anula o acordo do Consello da Xunta de 28-7-2005, que aprobaba o Proxecto Sectorial da planta de acuicultura de Acuinor S.L. Ambas sentenzas, favorábeis aos recursos contenciosos interpostos por ADEGA en setembro de 2005, ratifican os motivos polos que os ecoloxistas denunciabamos a execución da planta de acuicultura de Acuinor. Pero nesta segunda sentenza destácase, sobre todo, a desconsideración do goberno Fraga polos aspectos ambientais do lugar (LIC As Catedrais, Rede Natura) obxecto de instalación da piscifatoría de Álvarez-Cascos. Baixa a Segunda sentenza Rinlo.doc Segunda SENTENZA RINLO (1.12 MB)
 
Prestige, 7 anos despois: entre o esquecemento e a desleixo das administracións PDF Imprimir E-mail
13 de novembro de 2009. Van xa 7 anos dende o accidente do Prestige diante das nosas costas. A día de hoxe, que mudou da situación dende aquela? Non hai fuel á vista, mais fican toneladas soterradas baixo a area a o Prestige segue vertendo. A UE desprazou un buque anticontaminación a Vigo, mais seguimos sen portos refuxio e centros loxísticos. Aprobáronse planos de continxencia, mais a equipa técnica de coordenación da loita contra a contaminación mariña acaba de ser desmantelada. Recuperáronse algunhas especies comerciais, mais non se promoven estudos sobre os impactos do fuel a longo prazo nos ecosistemas mariños. Abriuse un xuizo que ameaza on eternizarse mentres a fiscalía do estado tenta exonerar ao único político procesado. Semella, en definitiva, que só a cidadanía e os ecoloxistas lembramos o que aconteceu hai 7 anos.
 
Seis novos concellos súmanse ao programa de compostaxe doméstica de ADEGA PDF Imprimir E-mail
compostm.jpgCompostela, 11 de novembro de 2009. Ao longo do mes de outubro e novembro os concellos de Teo, Porriño, Carral, Melide e Toques e Oza dos Ríos van poñer en marcha cadanseu programa de COMPOSTAXE CASEIRA en colaboración con ADEGA. As experiencias póñense en marcha ao abeiro das axudas de sustentabilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Moitos concellos que xa participaron en pasadas edicións estanlle dando continuidade ao programa dado o éxito acadado entre a veciñanza. O Porriño ampliou a 75; en Teo repartiranse de 30 composteiros; en Carral outros 30; en Melide 50 e en Toques 20. Contacta co teu concello e participa no programa de Compostaxe Caseira!
 
A última poboación reprodutora de lobo na costa, ameazada por un parque eólico PDF Imprimir E-mail
Lobo morto en DumbríaCompostela, 10 de novembro de 2009. O parque eólico do Alto da Croa, concello de Vimianzo, promovido por Gamesa Enerxía, S.A. coincide coa área de cría da única poboación estábel de lobo ibérico (Canis lupus signatus) en toda a franxa litoral do país. Dada a situación xeral do cánido, e como sinala o Plano de Xestión elaborado na etapa do bipartito, todas as actuacións que poidan causar un efecto negativo sobre a especie deberían contar cun estudo de impacto que analice as repercusións con rigor e meticulosidade, a fin de evitar danos irreversíbeis para a especie. No entanto, o EIA só fai unha vaga referenza ao lobo, sen achegar ningunha medida protectora ou correctora. Baixa as Alegacions EOLICOS VIMIANZO.pdf ALEGACIÓNS (133 KB) de ADEGA a este proxecto. Quen seremos nós sen o lobo?
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 18 de 742
Advertisement
Colaboran con ADEGA:
manologarcia.jpg

rasaloba.gif

Enquisas

Como afectará ao ambiente o cambio de goberno na Xunta?
  

Sindicación

Coa axuda de:
deplugo.jpg
designed by www.madeyourweb.com
Adega