![]() |
| O PP sacraliza no Parlamento a arbitrariedade urbanística e o "todo vale" |
|
|
|
|
Compostela, 11 de outubro. Cos votos do PP o lexislativo galego vén de refrendar o caótico urbanismo de Barreiros, rexeitando unha proposición non de lei que instaba á Xunta a denunciar o convenio para legalizar milleiros de vivendas ilegais e investir 14 millóns de € dos cartos públicos en tapar os buratos das construtoras. Isto significa que tras a retirada por parte de Feijóo dos recursos contra as licenzas ilegais outorgadas polo concello de Barreiros en 2006 e a aprobación por parte a Xunta do Plano Sectorial para legalizar os chanchullos, a lexislación urbanística galega fica baleira de contido e pasa a ser substituída pola arbitrariedade do Sr. Conselleiro. Este é o "urbanismo real" de Hernández: inseguridade xurídica, arbitrariedade, desfeita ambiental e corrupción.
Esta nova vía aberta pola Xunta na xestión do territorio deixa baleira de contido toda a lexislación urbanística previa substituíndoa pola arbitrariedade e a discrecionalidade do Conselleiro. É o "urbanismo real" que invocaba o Sr. Hernández para solucionar os "problemas" do urbanismo legal: as leis e normas teñen o feo vicio de limitar e prohibir a política dos feitos consumados, do "ti vai facendo", tan cara para moitos concellos galegos.
Conscientes de que un dos poucos camiños que quedan para revertir esta desfeita é a Xustiza, facemos un chamado aos xuíces e xuízas para que sexan rigorosos na interpretación das leis e normas que ordenan o noso territorio e non se deixen influenciar polas presións políticas que pretenden instaurar a ditadura dos feitos consumados.
ESIXIMOS RESPECTO PARA AS LEIS E PARA O NOSO TERRITORIO |
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
Primavera ambiental na UDC |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |