Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Nova web e portal de ADEGA! PDF Imprimir Correo-e
Envia Nova web e portal de ADEGA! a FaceBookEnvia Nova web e portal de ADEGA! a Twitter

Web nova9 de setembro de 2013. É para nós un pracer comunicarvos que vimos de activar a nova web de ADEGA, da que poderedes facer uso a partir de hoxe. A nova web de ADEGA intenta superar algunhas eivas da vella web, integrar toda a información que se produce no eido da organización, ser máis funcional para os socios e socias de ADEGA e para calquera usuario e ofrecer unha imaxe máis atractiva e moderna.O enderezo URL non muda, segue sendo “adega.info”. Ademais poderedes acceder aos contidos do vello soporte na barra do fondo da actual web a través da ligazón “Web 2009-2013”.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Feijóo pide a colaboración cidadá contra os lumes mentres aproba leis que os favorecen PDF Imprimir Correo-e
Envia Feijóo pide a colaboración cidadá contra os lumes mentres aproba leis que os favorecen a FaceBookEnvia Feijóo pide a colaboración cidadá contra os lumes mentres aproba leis que os favorecen a Twitter
30 de agosto de 2013. Esta mañá representantes dos colectivos asinantes do documento "Por unha Asemblea Galega contra o Lume: 10 medidas de país contra a desfeita", presentamos no rexistro xeral da Xunta máis de 2.500 sinaturas recollidas en poucos días avalando o texto. Para ADEGA, as causas estruturais dos incendios forestais están xa suficientemente diagnosticadas dende hai anos, e as medidas precisas para reducir a súa incidencia son tamén coñecidas. A pregunta é como unha administración que ten a capacidade técnica e xurídica para poñelas en marcha, alén de non o facer, mesmo lexisla en sentido contrario para seguir permitindo o deterioro do mundo rural abocado ao abandono, o lume e os eucaliptos. Nula prevención, recurtes de medios, máis superficie de pirófitas, menos franxas de protección, forestación de terras agrarias, cultivos enerxéticos, privatización encoberta das CCMM, uso do lume como ferramenta... Moitos dos lumes que arrasan arestora o país prendéronse tamén nos despachos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
De lobos exterminados, mentiras no Parlamento e tráfico de cabezas PDF Imprimir Correo-e
Envia De lobos exterminados, mentiras no Parlamento e tráfico de cabezas a FaceBookEnvia De lobos exterminados, mentiras no Parlamento e tráfico de cabezas a Twitter

altCompostela, 23 de xullo de 2013. Na última sesión da Comisión Parlamentar de Agricultura, Gandaría e Montes (ver vídeo), o D. X. de Conservación da Natureza Sr. García-Borregón respostaba a unha interpelación de AGE encol da "xestión" dos lobos no Barbanza por parte da Xunta. É difícil, mesmo nestes tempos, escoitar a un responsábel político dicir tantas falsidades en sé parlamentar, poñendo de manifesto a incompetencia e a chulería dunha administración ambiental máis ocupada en exterminar ao lobo e arranxar licenzas ilegais que en conservar o noso patrimonio natural. Escurantismo, ocultación de información sobre os híbridos, mentiras sobre o número de batidas, sobre os exemplares asasinados, tráfico de cabezas... En definitiva, unha administración que planificou e executou, ao máis puro estilo dos alimañeros franquistas, o exterminio do lobo no Barbanza coa inestimábel axuda de escopeteiros e gandeiros sen escrúpulos. Cando menos, e de quedarlle algo de vergoña, o Sr. García-Borregón debería dimitir por mentir ao Parlamento.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
As lagoas de Xuño e Muro, en Porto do Son, máis libres de invasoras PDF Imprimir Correo-e
Envia As lagoas de Xuño e Muro, en Porto do Son, máis libres de invasoras a FaceBookEnvia As lagoas de Xuño e Muro, en Porto do Son, máis libres de invasoras a Twitter

Baixo o título "Conservando as nosas dunas", e un ano máis, este 18 de xullo 15 voluntarias e voluntarios chegados de diferentes lugares de Galiza déronse cita no concello de Porto do Son para participar na eliminación de plantas exóticas invasoras. A Fundación Biodiversidad seleccionou por segundo ano consecutivo a proposta de ADEGA dentro do seu programa “Playas, voluntariado y custodia del territorio”, co lema “Conservando as nosas dunas”. A actuación en Porto do Son foi a primeira do programa deste ano, que terá continuidade o 10 de outubro cunha actividade similar na Praia da Corna (Pobra do Caramiñal). Os traballos continuados neste espazo están dando os seus froitos: Algunhas invasoras diminuiron a súa extensión e outras mesmo desaparaceron. Bo traballo e grazas a todos/as! Álbum da xornada

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Máis de 100 entidades pedimos a Cañete que defenda a prohibición do Fipronil, tóxico para as abellas, diante da CE PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis de 100 entidades pedimos a Cañete que defenda a prohibición do Fipronil, tóxico para as abellas, diante da CE a FaceBookEnvia Máis de 100 entidades pedimos a Cañete que defenda a prohibición do Fipronil, tóxico para as abellas, diante da CE a Twitter

12 de xullo de 2013. Os días 15 e 16 de xullo debatirase na Comisión Europea a prohibición do Fipronil, un perigoso insecticida. Asociacións apícolas, organizacións agrarias, de consumidores/as, ecoloxistas e sindicais (120 entidades en total) unímonos para pedir que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente defenda a prohibición do insecticida Fipronil de cara ao vindeiro debate na Comisión Europea. A reunión do Comité Permanente da Cadea Alimentar e de Sanidade Animal terá lugar en Bruxelas entre o 15 e o 16 de xullo e supón unha nova oportunidade para a protección das abellas e outros polinizadores.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Paripé da Xunta con Corcoesto: Pide a Edgewater garantías económicas e técnicas mais dos impactos nin chío PDF Imprimir Correo-e
Envia Paripé da Xunta con Corcoesto: Pide a Edgewater garantías económicas e técnicas mais dos impactos nin chío a FaceBookEnvia Paripé da Xunta con Corcoesto: Pide a Edgewater garantías económicas e técnicas mais dos impactos nin chío a Twitter

10 de xullo de 2013. O recente anuncio da "paralisación" da tramitación da mina de Corcoesto, lonxe de significar unha volta atrás nos planos Xunta de entregar o país ás mineiras (o PSAEG segue en marcha, con máis "Corcoestos" dentro) evidencia a mesquindade dunha administración que pide máis "garantías económicas" a Edgewater mentres obvia os riscos ambientais e de saúde dun proxecto delirante. En ADEGA queremos advertir fronte a este anuncio da Xunta, acurralada pola presión social e as evidencias científicas dunha desfeita anunciada. En realidad, só lle pedíu a Edgewater que puxera máis cartos e apresentara máis papeis, algo que despois de ter aprobado unha vergoñenta declaración de impacto, non supón máis que un pequeno trámite para empresa. Se a Xunta fora imparcial neste asunto, tería anulado a DIA, documento chave para aprobar o proxecto, hai xa semanas. E por certo: Qué foi das ducias de proxectos mineiros neo-coloniais que nestes intres estanse a tramitar por todo o país e que evidencian "carencias" similares ao de Corcoesto?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA