Adega
INICIO Novas
Novas de ADEGA-Pontevedra


A auga potábel de Caldas acada níveis récord de toxina malia aos tratamentos no encoro e na ETAP PDF Imprimir Correo-e
Envia A auga potábel de Caldas acada níveis récord de toxina malia aos tratamentos no encoro e na ETAP a FaceBookEnvia A auga potábel de Caldas acada níveis récord de toxina malia aos tratamentos no encoro e na ETAP a Twitter
Abaxeset11tn1 de outubro de 2011. A concentración de microcistina na auga potábel de Caldas acadou o 5 de setembro o valor máis alto dende que se fan medicións: 0,6µg/l (microgramos por litro) á saída da ETAP (estación potabilizadora). Malia a que o valor límite de referenza é 1µg/l (RD 140/2003), hai que ter en conta que esta toxina ten efectos acumulativos, polo que a presenza na auga de calquera cantidade xa é preocupante. Neste senso, a OMS recomenda unha inxesta diaria tolerábel (IDT) de 0,04µg/kg/día. Isto significa que coa concentración de toxina que ten a traída Caldas (0,6µg/l) todas as persoas de menos de 15 kg de peso (bebés e nenos/as) que beban 1 litro desta auga ao día xa superarían a IDT recomendada. Para ADEGA queda demostrada a ineficacia do tratamento con cortiza no encoro e dos sistemas de potabilización para eliminar a toxina. A única solución para reducir o risco a cero é abrir o encoro e liberar o Umia para evitar a proliferación da microcystis. Analítica_auga_Caldas_5-9-2011 (208 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Veciñanza e ADEGA piden a paralización do vertedoiro de Campomarzo en Silleda PDF Imprimir Correo-e
Envia Veciñanza e ADEGA piden a paralización do vertedoiro de Campomarzo en Silleda a FaceBookEnvia Veciñanza e ADEGA piden a paralización do vertedoiro de Campomarzo en Silleda a Twitter

campomarzoPontevedra, 6 de setembro de 2011. A veciñanza de San Martiño de Pazos (Silleda) e ADEGA piden a paralización da actividade e retirada do vertedoiro de residuos instalado na antiga canteira de Campomarzo S.A. por incumprir a lexislación de residuos e por non aterse á tramitación ambiental obrigada. O vertedoiro sufriu o pasado 31 de agosto un incendio que puxo de novo en alerta a veciños e ecoloxistas, non só pola ilegalidade do depósito, senón polas súas consecuencias ambientais e de risco para a seguridade e a saúde pública, agravadas polo incendio. Piden responsabilidades á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental por outrogar o ano pasado a Autorización Ambiental Integrada á empresa sen cumprir os requirimentos legais, facendo pasar o vertedoiro por un depósito de inertes.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA participou nas xornadas de impulso ao Tren do Pobo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participou nas xornadas de impulso ao Tren do Pobo a FaceBookEnvia ADEGA participou nas xornadas de impulso ao Tren do Pobo a Twitter
tren_redondela2Redondela, 8 de novembro de 2010. ADEGA participou nas XI Xornadas Estatais en Defensa do Ferrocarril Público e Social, celebradas esta edición na vila de Redondela entre o 5 e 7 de novembro, xunto con outros colectivos integrados na Plataforma Salva O Tren e a Plataforma Estatal pola Defensa do Ferrocarril. No decurso destas xornadas ficou patente a preocupación existente en todo o estado polo desmantelamento sistemático das liñas de ferrocarril tradicionais en beneficio do AVE. Trátase dun medio de transporte que, se ben emite menos gases de efecto invernadoiro, resulta un medio caro e esixe infraestruturas de grande impacto ambiental, polo que o aforro en polución non é tan claro. O AVE non debe ser incompatíbel co tren clásico, o cal presta servizo a inúmeros núcleos de poboación de Galiza. Podes baixar o relatorio de ADEGA nestas xornadas premendo nesta Ligazón.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
25.000 árbores talladas para chegar máis rápido ao cárcere PDF Imprimir Correo-e
Envia 25.000 árbores talladas para chegar máis rápido ao cárcere a FaceBookEnvia 25.000 árbores talladas para chegar máis rápido ao cárcere a Twitter
1 de xullo de 2010. Dende ADEGA vimos de denunciar que a Xunta de Galiza iniciou as obras de "millora e acondicionamento" do acceso ao cárcere da Lama, logo dun chafalleiro e irregular procedemento administrativo, sen información pública e carente do obrigatorio estudo de impacto ambiental. As máquinas da empresa Copasa iniciaron as obras de "acondicionamento" da estrada PO-255 arrasando ao seu paso árbores, nin máis nin menos que 25.000, moitas delas centenarias e formando parte de antigas carballeiras. Nestas carballeiras, coma a de Caritel, medra ademais unha rara especie de fento, o Dryopteris guanchica, catalogado como vulnerábel. Pois nada, agora todos ao cárcere!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Ampliación da Rede Natura: primeiro, canteiras e minas e despois xa veremos PDF Imprimir Correo-e
Envia Ampliación da Rede Natura: primeiro, canteiras e minas e despois xa veremos a FaceBookEnvia Ampliación da Rede Natura: primeiro, canteiras e minas e despois xa veremos a Twitter
cloep.jpg25 de febreiro de 2010. Nas últimas semanas estamos asistindo a unha auténtica enxurrada de peticións para autorizar canteiras e explotacións mineiras en espazos de interese natural que, malia a estar fóra das zonas protexidas, afectan ás áreas de ampliación da Rede Natura 2000 propostas pola Xunta en 2008. A anterior administración, recollendo as demandas do ecoloxismo galego, presentou unha proposta que anque eivada, pretendía situar a Galiza (18%) máis perto da media do estado en superficie protexida (22%), abandonando o "furgón de cola" dos territorios con menos Rede Natura (actualmente o 12%). No Ano Internacional da Biodiversidade, as posibilidades de acadar unha Rede Natura digna para Galiza, que esté á altura da nosa riqueza natural, esváense poco a pouco con estes proxectos. O último, a canteira "Cloe" no Alto Tea, ao SW da Serra do Suido.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Verbo Xido e ADEGA denuncian o uso de herbicidas para "acondicionar" lugares en Cerdedo PDF Imprimir Correo-e
Envia Verbo Xido e ADEGA denuncian o uso de herbicidas para "acondicionar"  lugares en Cerdedo a FaceBookEnvia Verbo Xido e ADEGA denuncian o uso de herbicidas para "acondicionar"  lugares en Cerdedo a Twitter

A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido" e ADEGA reclaman ao Concello de Cerdedo que para vindeiras actuacións de limpeza, non se volvan a utilizar os tratamentos químicos para limpar as beiras dos camiños e, tal e como se fixo hai uns días, sexan substituidos por rozados mecánicos selectivos, que ademáis de ser inocuos, crean máis postos de traballo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2


ADEGA