![]() |
| ADEGA solicita coñecer a natureza dos químicos empregados para fumigar a praga do carballo |
|
|
|
|
A fumigación non selectiva do Altica quercetorum mediante camións fumigadores é unha prática de risco que podería ocasionar danos na agricultura, contaminar os solos, eliminar as abellas e outros insectos polinizadores (estamos na época da polinización de numerosos cultivos) e mesmo podería supor problemas de saúde para as persoas se estas actividades non se realizan de xeito responsábel e coidadoso. Alén disto, outros escasos insectos das carballeiras, como os tamén coleópteros Lucanus cervus (vacaloura), Melolonta melolonta (sanxoán) e algúns raros carábidos e cerambícidos, poderian verse afectados polas substancias químicas inhibidoras da síntese da queratina, habitualmente usadas nestes casos. ADEGA rexeita a utilización masiva e sistemática de productos químicos para combater as pragas pola súa inefectividade demostrada e perniciosos efectos colaterais sobre outros organismos (incluidas as persoas) e o ambiente. O control das pragas debería basearse na prevención, con actuacións localizadas e facendo uso de tratamentos baseados no control biolóxico, que xeralmente son específicos da praga a tratar e non afectan ao resto das especies do ecosistema. |
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
Primavera ambiental na UDC |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |