![]() |
| Roteiro de ADEGA-Lugo ás encantadas Penas de Rodas, en Outeiro de Rei |
|
|
|
|
O percorrido é de dificultade media, e non demasiado longo, os nenos son benvidos sempre que vaian ben coidados polos seus pais, xa que iremos por estreitos carreiros moi perto das augas caudalosas do río. Dado a época do ano e as características do terreo, é imprescindible levar calzado impermeable e roupa axeitada a choiva e, por suposto, auga e comida na mochila. O PIAGO
O autobús deixaranos no aparcadoiro de “Marcelle Natureza”, pero non entraremos nesas instalacións, camiñaremos ate chegar ao Río Miño e continuaremos pola súa fermosa beira até “O Piago”. Pararemos a disfrutar da beleza dese lugar o tempo necesario. Desde alí, e despois dun curto treito por unha estrada, entraremos no “Camiño do Miño” que levaranos á área recreativa de Santa Isabel.
SANTA ISABEL
Neste fermoso lugar atoparemos uns paneis explicativos da fauna e flora do LIC Parga-Ladra-Támoga. A seguinte, e curta etapa ,outra vez por estrada, será para visitar a “Fonte dos Cochizos” na Parroquia de Santa Mariña. A "Fonte dos Cochizos", en Santa Mariña, presenta unha inscrición onde se eloxian as calidades milagreiras da súa auga para a curación dos cativos que teñan cochizos (bostelas típicas que saen nos beizos pola febre) ou calquera outra ferida na boca, e incluso, problemas de pronunciación.
“Fai moitos anos, nesta fontiña traían aos Até a Fonte dos Cochizos andaremos 6,5 km aprox. Logo, colleremos de novo o autobús para evitar pasar pola N-VI, Rábade e o seu polígono Industrial. Iremos directamente ás Penas de Rodas. Os nosos devanceiros castrexos non construían templos, xa que para eles a natureza mesma era o seu templo e tiñan determinados lugares dedicados a divinidades femininas e masculinas. PASARELA E ÍNSUA DE SEIVANE
Para rematar, e despois de xantar, o autobús levaranos á Insua de Seivane, onde despois de cruzar a súa “emocionante” pasarela colgante, faremos un percorrido circular polas beiras da Illa coa súa impresionante carballeira.
MANUEL MARÍA. En Gaioso, ollando a Chá
Hai duas penedas ergueitas. ¡Semellan non ser verdá redondeces tan ben feitas! As Penas de Rodas son dous ollos alucinados Que espían con atención Ós eidos máis alonxados. Se ambas penas se desfán
arde, co mundo, un tesouro ¡unha pena é de alquitrán,a outra unha trabe de ouro! Non sodes, non, cantería, ouh penas de encantamento. ¡Temo que calquera día
vos poida levar o vento.
SAÍDA: O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado (antiga Escola de Maxisterio) ás 9.00 h.
RESERVA: Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
CONSELLOS: Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s
PREZOS: Xeral.......................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro…………....................................12 €
Soci@s........................................................................................ 10 €
Ata 17 anos................................................................................ .. 5 €
PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO:
18 Decembro: Cerva Branca (Cervantes)
29 Xaneiro: A Cova da Serpe (Friol)
25 marzo: Monte Cornería (Barreiros)
26 Febreiro: Cabo do Mundo (Ribeira Sacra)
22 Abril: Monte Cachelmo (Touriñán)
20 Maio: Monte Pindo (Costa da Morte)
17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)
|
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
Primavera ambiental na UDC |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |