![]() |
| Bota a andar a Asociación Monte Pindo Parque Natural |
|
|
|
25 de outubro de 2010. Un grupo de persoas preocupadas polo devir do noso medio ambiente e apaixoadas polo Monte Pindo, reuníronse para constituír formalmente a Asociación Monte Pindo Parque Natural, unha organización sen ánimo de lucro de carácter plural, a través dunha ampla Comisón Reitora con 11 vogalías territoriais para garantizar o trato directo con veciños e axentes sociais. Poucas palabras poden expresar mellor as motivacións desta nova organización como as escollidas por Xilberte Caamaño, o primeiro presidente: "Ningún galego/a entendería que a Catedral de Santiago estivese abandonada, ou queimara cada dez anos; pois o Monte Pindo é a nosa catedral". ADEGA quere transmitir os seus parabéns á nova asociación comprometendo o seu apoio ás iniciativas que poña en marcha para conquerir a declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
Pouca dúbida cabe de que unha proposta tan positiva e de futuro debería estar liderada desde as institucións públicas, por ser estas as máis representativas da sociedade e tamén por debérense en exclusiva a defender o interese común. Desgrazadamente o Concello de Carnota rexeitou apoiar esta causa antes de consultar sequera a opinión de veciños e axentes sociais, polo que se fixo case imperativo crear unha Asociación que demostre que se equivocan nos seus prexuízos, para que quen o desexe poida poñer o seu gran de area na defensa do Monte Pindo.
Convidamos a todos aqueles interesados no noso medio a incorporarse a esta Asociación, sexa asociándose ou colaborando coas iniciativas que desenvolvamos. Porque o Monte Pindo, esta catedral natural de 300 millóns de anos cun pé no mar e outro na terra, da que todas e todos somos privilexiados posuidores e que tanto nos fai gozar ás persoas que nos confesamos súas amantes, tamén precisa da nosa axuda para frear a degradación e o abandono.
|
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
Primavera ambiental na UDC |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |