![]() |
| 10/10/10: Festa ecolóxica en Quilmas dentro da campaña mundial 350.org |
|
|
|
Este domingo 10/10/10 en Quilmas (Carnota) celebramos unha festa ecolóxica coa promoción de produtos locais e de cultivo ecolóxico dentro dos actos mundiais da campaña 350.org. A cooperativa Rainha Lupa, organizadora do evento, nace da resposta social contra a ampliación da planta de piscicultura de Stolt Sea Farm e que iría ocupar unhas 30 hectáreas e substituir a terra cultivada por piscinas de cemento e plástico para rodaballos dopados.
O consumo de proximidade, responsábel e saudábel, a defensa da nosa biodiversidade agrícola e gandeira e o respecto pola cultura tradicional, axudan a rebaixar o CO2 na atmosfera e a contaminación en xeral.Tamén proxectamos o documental SALMONOPOLY que visa a problemática das granxas de peixes no mundo, seguido dun coloquio-debate. Nese día vai ser clausurado tamén o curso de apicultura polo que haberá tamén unha cata do mel producido polas nosas abellas.
Organiza:
|
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
Primavera ambiental na UDC |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |