![]() |
| ADEGA presenta xunto outras asociacións o Manifesto pola Mobilidade |
|
|
|
|
5 de decembro de 2011.No local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda presentouse o Manifesto Pola Mobilidade asinado por colectivos de distintos eidos da cidade da Coruña, como o veciñal,ecoloxista ou estudantil. No manifesto apóstase por un novo xeito de entender a mobilidade dando prioridade aos viandantes, bicicletas e transporte colectivo fronte o transporte particular. Tamén se fala da importancia da creación dunha mesa cidadá para a elaboración dun Plano de Mobilidade para toda a comarca.
Todas os grupos asinantes consideramos que o sistema que implantará o concello en sustitución do actual carril bus empeorará o tráfico e o transporte público na cidade, xa que entre outras cousas é unha chamada a cidadanía para que use o coche privado. Esto é o xermolo da "Plataforma pola mobilidade" que intentará ir chegando a máis colectivos da comarca coa intención de crear músculo social para que a voz dos grupos preocupados pola mobilidade sexa escoitado polo concello. A continuación o colamos o manifesto completo e todas as asociacións firmantes: O tráfico urbano é a principal causa de deterioración da calidade de vida das persoas que vivimos na Coruña, xa que máis do 50 % colle o vehículo privado para ir traballar. As solucións pasan, entre outras, pola diminución das necesidades de transporte e polo emprego dos modos de transporte menos contaminantes, priorizando xerarquicamente os e as peóns, as bicicletas e o transporte público colectivo. A eliminación do carril bus empeorará o problema actual do tráfico na cidade,pois mantense na liña das políticas de apoio ao coche privado que contribúen a que Galicia siga a ser a rexión de Europa na que máis porcentaxe de desprazamentos en vehículo privado se realizan. O carril bus é un instrumento instaurado nas cidades co fin de optimizar o funcionamento do servizo de transporte público, a través dunha mellora nas frecuencias e velocidades das liñas e sendo ademais un recurso moi potente recoñecido pola Unión Europea para atraer á cidadanía cara ao seu uso. Na nosa cidade, as persoas usuarias de ata nove das liñas que utilizan dito carril recoñecen que se aforra ata 15 minutos por traxecto grazas a esta medida. MANIFESTO POLA MOBILIDADE
En definitiva, apostamos por unha cidade sostible, cómoda, habitable, próxima, eco-activa, participativa, próspera e segura. GRUPOS ASINANTES: A.VV. de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules, A .VV. Oza -Gaiteira-Os Castros, A.VV. Francisco Rodriguez de Labañou, A.VV. Los Rosales, LIGA ESTUDANTIL GALEGA, COMITES, IESGA, AEGEE, MOBI-LIZA, Plataforma Galega Salva o Tren, Asemblea 15M Monte Alto, Asemblea 15M Agra do Orzán, Asemblea 15M A Ría (Cambre, Culleredo e Oleiros) Rede de Dereitos Sociais (RDS), ACSUR LAS SEGOVIAS- Galiza VERDEGAIA, Cooperativa de consumo responsábel e consciente ZOCAMINHOCA, GREENPEACE, Asociación pola defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA) |
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
Primavera ambiental na UDC |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |