![]() |
| ADEGA participará na II Mostra Intercultural Solidaria De Cambre co lema "MÓVETE POLO TERRITORIO" |
|
|
|
|
A campaña “Ponte no Medio. Móvete polo territorio” pretende, por unha banda, reunir nun movemento social común a todos aqueles colectivos e entidades que están a denunciar illadamente a destrución e ameazas que está a sufrir o territorio galego en todos os seus ámbitos (espazos naturais, medio rural, litoral e rías, paisaxe, bacías fluviais, desenvolvemento urbanístico, infraestruturas viarias e patrimonio histórico-cultural); e, por outro, instar ás administracións públicas a tomar medidas concretas cara a unha ordenación do territorio sustentable. Do mesmo xeito, ADEGA anima á sociedade galega a reaccionar ante os innumerables casos de deterioro e degradación ambientais que se están a producir actualmente coa conivencia das administracións públicas de todos os ámbitos, nomeadamente pola actual Xunta de Galicia, co único propósito de favorecer intereses privados. Trala presentación, na que se dará lectura ao manifesto, abrirase un coloquio co público asistente no que se debatirá sobre o estado do territorio e as posibles actuacións a levar a cabo. Ademáis ADEGA ofrecerá información durante toda a fin de semana no seu posto en dita feira, que terá lugar no polideportivo do Graxal en horario de 11 a 14 e de 18 a 21 ambos días.
|
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
Primavera ambiental na UDC |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |