![]() |
| Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental |
|
|
|
|
Alén disto, o concello de Padrón non contempla a autorización para o uso como fábrica de formigón da parcela nº 78 no case baleiro polígono de Pazos, casualmente propiedade da muller do actual alcalde de Rois. A sorprendente celeridade coa que estase a tramitar esta obra por parte do concello, a sospeitosa duración da actividade (23 meses), xusto 1 menos que e o preciso (24 meses) para pasar o trámite ambiental, e o silencio da Xunta, que debería emitir unha resolución motivada para non someter a actividade a incidencia ambiental (artigo 2, apartado 2 do decreto 133/2008), fan pensar que estamos perante a tramitación irregular dunha actividade contaminante con vocación de permanencia en Pazos. Isto último deducímolo tamén do propio proxecto visado e presentado pola promotora, "Hormigones Taboadela, S. L,": "El objeto del presente proyecto es el diseño de cimentaciones en instalación temporal (para un año y once meses) de una planta de dosifixcación de áridos y cementos quedando prevista de conjunto de amasado para uso futuro".
ADEGA solicita á Xunta e ao concello de Padrón que respecten a lexislación de protección ambiental e a salvagarda da saúde pública, en troques de aproveitar fendas legais para "pontear" o procedemento e favorecer unha determinada actividade. Nen o AVE nen ningunha infraestrutura pode estar por riba do dereito á saúde a ao medio ambiente da cidadanía! |
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
Primavera ambiental na UDC |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |