Adega
INICIO Novas
Novas de ADEGA-Compostela


Nace a Plataforma pola Recuperación do río Sar PDF Imprimir Correo-e
Envia Nace a Plataforma pola Recuperación do río Sar a FaceBookEnvia Nace a Plataforma pola Recuperación do río Sar a Twitter
Padrón, 10 febreiro 2012. Este día apresentouse en Padrón a Plataforma pola Recuperación do Sar, unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fin acadar para o Sar, así como para as súas ribeiras, unhas condicións ambientais óptimas. Trátase de manter e conservar unha biodiversidade faunística e florística tan ampla como sexa posíbel, tanto en variedade de especies como na densidade das súas poboacións, así como a consecución duns parámetros fisicoquímicos que permitan a existencia e a pervivencia dun axeitado equilibrio ecolóxico. Non esquecemos a preservación do patrimonio cultural e etnográfico de forma que xunto co patrimonio natural, sexan fonte de riqueza para toda a bisbarra por onde discorre o río. Á presentación no Auditorio de Padrón acudiron case un cento de persoas e interviñeron os representantes dos colectivos promotores da Plataforma: Xosé Manuel Penas Patiño (Biólogo), Virginia Rodríguez (Presidenta de ADEGA), Luis Tapia (Biólogo) e Luis Piñeiro (Pescador).
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental a FaceBookEnvia Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental a Twitter

2 de xullo de 2010. A construción do AVE precisa inxentes cantidades de formigón. Supostamente as empresas locais non poden respostar á demanda e recórrese a construir novas fatorías. Para o treito Dodro-Padrón proponse a construción dunha fábrica de formigón no polígono de Pazos, a 150 m do Sar (LIC Ulla-Deza) e a menos de 200 m do núcleo de Pazos. Malia a ser unha actividade potencialmente contaminante polo alto nível de ruido, a emisión de pó e as verteduras, e a situarse a carón das casas e da Rede Natura, a fatoría non vai precisar de avaliación ambiental. A súa actividade pretende ser "temporal", exactamente 23 meses. Deste xeito elúdese a obrigatoriedade da avaliación que fixa o Decreto 133/2008 (que substituiu ao RAMINP), necesaria se a fatoría vai ter unha actividade superior aos dous anos (24 meses).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro "Coñece a cidade ao natural" dentro das Festas Populares de Compostela 2010 PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro "Coñece a cidade ao natural" dentro das Festas Populares de Compostela 2010 a FaceBookEnvia Roteiro "Coñece a cidade ao natural" dentro das Festas Populares de Compostela 2010 a Twitter
festas2010Como alternativa popular ás festas tradicionais, diversos colectivos organizan as Festas Populares de Compostela 2010. Haberá roteiros, teatro, concertos, proxeccións... e por suposto, música e xantares! Dende ADEGA organizamos un roteiro por Compostela o día 11 de maio ás 18:30h "Coñece a cidade ao natural: percurso pola xeoloxía e bioloxía de Compostela".

Baixa a programación das Festas Populares 2010 (63 Kb)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Feira do Sol 2010 en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Envia Feira do Sol 2010 en Compostela a FaceBookEnvia Feira do Sol 2010 en Compostela a Twitter
19 de xuño, de 11:30 a 20h no paseo da Alameda de Compostela. A concellaría de Medio Ambiente do Concello de Santiago organiza a terceira Feira do Sol no Paseo Central da Alameda. Esta actividade está enmarcada no programa Vive o Verán (folleto 3Mb) que organiza conxuntamente a concellaría de Cultura e os Centros Socioculturais. A Feira ten o sol como motivo principal e a educación e a sustentabilidade como obxectivo. Haberá unha manchea de actividades lúdicas e demostrativas das propiedades do sol na vida cotiá e doutras alternativas ecolóxicas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Comezan as visitas aos fogares compostadores de Compostela PDF Imprimir Correo-e
Envia Comezan as visitas aos fogares compostadores de Compostela a FaceBookEnvia Comezan as visitas aos fogares compostadores de Compostela a Twitter
Estreando a segunda quincena do mes de abril as educadoras de Adega visitarán os fogares de Compostela inscritos no programa de Compostaxe Caseira 2010. O obxetivo da visita é resolver as primeiras dúbidas dos participantes e acompañalos no proceso. Dende que se repartiron os composteiros, fai dúas semanas , os veciños de Compostela tiveron a oportunidade de experimentar coa compostaxe.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Parcicipa con ADEGA e o Proxecto Ríos nas actividades do Día Mundial da Auga PDF Imprimir Correo-e
Envia Parcicipa con ADEGA e o Proxecto Ríos nas actividades do Día Mundial da Auga a FaceBookEnvia Parcicipa con ADEGA e o Proxecto Ríos nas actividades do Día Mundial da Auga a Twitter
wwd10.jpgEste luns 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Este ano o lema é "AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAUDÁBEL", en referenza á calidade dos recursos hídricos e a súa relación co benestar da poboación e os ecosistemas. Neste senso, en Galiza temos un grave déficit en canto ás medidas de prevención e tratamento da contaminación das augas. Moitas cidades, vilas e industrias verten aos ríos augas con escasa ou nula depuración, e o número de cursos fluviais contaminados aumenta cada ano (ver o Informe RIOS GALEGOS 2009.pdf Informe RÍOS GALEGOS 2009 (5.46 MB).
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2


ADEGA