|
|
Arzúa, a 15 de decembro de 2011.- ADEGA participará esta fin de semana na Feira Ecolóxica de Arzúa, Terractiva, coa exposición do seu stand na sección de postos de asociacións e na coordinación de varias das mesas redondas da sección “Altofalante”, na que se lle dá voz a aqueles colectivos ou movementos que se están a mobilizar por unha causa ambiental ou socialmente xusta. Así mesmo, organiza o habitual roteiro pola bacía alta do río Ulla que trasladará aos visitantes aos valores naturais e patrimoniais máis destacados da comarca. Ademais, coincidindo con Terractiva, ADEGA celebrará en Arzúa a súa XXXVI Asemblea Xeral e entregará os premios osíxeno e dioxina na xornada do sábado.
|
|
Ler máis...
|
|
|
3 setembro de 2011. Como todos os primeiros sábados de mes, este sábado tivemos unha actividade na Eira da Xoana, pero nesta ocasión, trasladamonos á aldea próxima de Santiago de Albá, no Concello de Palas de Rei, para compartir unha actividade dinamizadora da cultura rural, e que se concreta no proxecto Son d`Aldea. Nesta exitosa experiencia participaron máis de 600 persoas. Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía. Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente.
|
|
Ler máis...
|
 ADEGA celebrou o Día Mundial da Auga cun acto de homenaxe a todos os ríos de Galiza que tivo lugar no centro medioambiental A Eira da Xoana, situado no treito alto do río Ulla, na parroquia de Ramil (Agolada). Alí congregáronse centos de persoas procedentes de todo o país que, a nivel individual ou colectivo, participaron do movemento ecoloxista ou cultural a prol da defensa e protección dos nosos ríos. O acto de homenaxe tamén serviu para clausurar a celebración da VI Copa Galega de Kaiak extremo no río Ulla.
|
|
Ler máis...
|
|
Melide, 4 de xuño de 2011. As xornadas “O monte: oportunidade sustentable fronte a crise”, organizadas por ADEGA e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man común (ORGACCMM) dentro da Campaña en defensa do territorio “Ponte no medio. Móvete polo territorio” que hoxe tiveron lugar en Melide, concluíron con grande éxito de público. Centos de persoas achegáronse á vila melidente para escoitar máis dunha ducia de experiencias de comunidades de montes veciñais en man común de Galiza que apostaron pola xestión sostible do monte, é dicir, pola multifuncionalidade, a xestión integral, a creación do emprego, a busca do benestar social e o respecto do medio natural: eixos nos que se fundamenta o futuro do monte en Galiza. Os relatores animaron á sociedade galega a apoiar e defender o monte comunal fronte as reformas legais que favorecen a súa privatización e, mesmo, á súa desaparición.
|
|
Ler máis...
|
22 de marzo, Día da Auga. ADEGA vai iniciar o “Proxecto de creación dunha rede de custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez” nos concellos d'A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga, financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e o AGADER. A custodia fluvial é unha ferramenta que permite velar pola conservación dos valores dos cursos fluviais. Este tipo de actuación fai partícipe á poboación local, sendo esta a protagonista da propia acción, alén de posibilitar a implicación e identificación co proxecto e empoderando ás persoas e entidades participantes.
|
|
Ler máis...
|
 Dentro da programación de actividades, o próximo día 22 de decembro a partires das 17:30 celebraremos o solsticio de inverno.
-Subida ao Cotón dos Fogos para localizar o punto exacto onde se deita o sol na noite máis longa do ano.
-Prendida de fachos, recital poético, música e foguetes para festexar que a luz vence ás tebras.
-Merenda-cea para celebrarmos o ano que comeza. Traede xantares para compartillar. A sidra está asegurada!
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |