![]() |
| Talas e repoboacións de eucaliptos danan dúas mámoas nos concellos de Foz e Xove |
|
|
|
A Mariña, outubro de 2011. O Servizo de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia vén de comunicar a MariñaPatrimonio e a ADEGA o inventariado de dúas mámoas na Mariña de Lugo que até o momento non estaban amparadas legalmente e que hai uns meses foron agredidas con maquinaria pesada utilizada en dúas repoboacións forestais con eucaliptos. Como noutras moitas ocasións, a administración chega tarde para protexer o noso patrimonio.
Así mesmo, Patrimonio Cultural recoñece os danos denunciados no mes de xuño por Mariñapatrimonio e ADEGA perante este servizo e o Seprona, requiríndolle aos propoietarios a retirada dos eucaliptos plantados sobre un destes túmulos, en concreto, o de Pico da Lebre, no concello de Foz. A outra mámoa danada é a situada no monte da Canteira, no concello de Xove. Neste caso, a rápida intervención do Servizo de Arqueoloxía de Patrimonio e do Seprona evitou a destrución do túmulo e, malia a sufrir algún dano ao pasar maquinaria pesada porriba, detívose a súa repoboación con pá mecánica.
Mariñaptrimonio e ADEGA lamentamos unha vez máis estas agresións ao noso Patrimonio cultural e, asemade, a inexistencia dun inventariado completo destes bens arqueolóxicos e dunha política axeitada de protección e conservación do patrimonio cultural, que acaba derivando tamén no prexuízo dos propietarios afectados. EnlaceFotos: https://picasaweb.google.com/mr.patrimonio/Mamoas |
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
Primavera ambiental na UDC |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |