9 de xaneiro de 2012. Malia á prohibición expresa contida no Plano Director da Rede Natura, aprobado o pasado ano pola Xunta, a maquinaria da depredación ambiental segue en marcha. Desta volta, trátase dunha canteira en pleno corazón do parque natural da Serra da Enciña da Lastra, no concello de Rubiá (Ourense). Dáse a casualidade de que ademáis, a área afectada está catalogada como ZEPVN, LIC e ZEPA, sendo parte da Rede Natura galega. Dado que a actividade mineira non está permitida nun Parque Natural, e que esta actividade está expresamente excluida polo Plano Director da Rede Natura, dende ADEGA preguntámonos que fai unha administración tramitando un permiso contrario á lexislación vixente. Se a Rede Natura fora algo máis que un ente virtual declarado por imperativo legal de Europa, no que a Xunta non acredita o máis mínimo, non intentarían "coar" estes proxectos agresivos mentres a administración mira para outro lado.
|
|
Ler máis...
|
|
|
22 de outubro de 2011. Nos 15 primeiros días deste mes os lumes de Ourense arrasaron 10.909 Ha só en 4 espazos protexidos da Rede Natura: O Macizo Central perdeu máis dun 12% de territorio, principalmente nas serras do Invernadoiro e Queixa; a Baixa Limia-Serra do Xurés perdeu un 11%, tamén nas zonas de maior valor; e en Pena Maseira e Pena Trevinca ardeu o 7,6% e 5,7% da superficie. Perante a manipulación dos datos pola Xunta, que teima en minimizar a superficie queimada e a afección aos espazos protexidos, os satélites da NASA non deixan lugar a dúbidas: trátase dunha das catástrofes ecolóxicas máis importantes acontecidas no país dende o Prestige. Nen nos lumes de 2006 a afección aos espazos protexidos foi tan importante (<2000 Ha). Pola súa nefasta xestión, incompetencia e desleixo, ADEGA esixe a demisión de Samuel Juárez e a declaración da súa consellaría como "zona catastrófica". Facemos tamén un chamado á sociedade galega a participar este sábado 22 na concentración na Pobra de Trives (Pza. do Concello, 12h) e na manifestación en Ourense (Parque de S. Lázaro, 19h)
|
|
Ler máis...
|
7 de novembro de 2011. Gas Natural-U. Fenosa vén de iniciar os trámites para a construción doutra central reversíbel na Ribeira Sacra, a de "Edrada-Santo Estevo" de 763 MW, entre os encoros de Santo Estevo (Sil) e Edrada (Mao). O proxecto requerirá de faraónicas obras para furar o canón do Sil cun túnel de 5Km, un pozo de 450m e unha central en caverna co volume dun barrio de vivendas de 10 pisos a 120 m de profundidade no macizo. Se o proxecto vai adiante, unirase aos de Belesar III e Os Peares III, tamén de Fenosa e Santo Estevo II e Santa Cristina, de Iberdrola, todos na bacía Miño-Sil, a máis sobreexplotada de Europa con máis de 100 aproveitamentos hidroeléctricos. É outra herdanza ambiental do franquismo xa que deriva dunha concesión de 1951 por 99 anos para o "aproveitamento hidroeléctrico integral" do río Mao. E ben que o aproveitan, con todo "atado y bien atado" por cen anos!
|
|
Ler máis...
|
Ourense, 7 de setembro de 2010. En epoca de crise e “austeridá”, e logo de que arderan boa parte dos espazos naturais da provincia, as administracións van desbaldir 8 millóns de euros na construción dun “centro de interpretación ambiental” en Ourense. Mentres, non hai orzamentos públicos para facer os preceitivos planos de restauración para as zonas queimadas e de recuperación e conservación das especies protexidas. Outra volta, óptase por investir en cemento (e na cidade) en nome do ambiente, ficando o medio rural e os nosos espazos naturais abandonados, precisamente no Ano Internacional da Biodiversidade.
|
|
Ler máis...
|
3 de setembro de 2010. A vaga de lumes de agosto afectou principalmente a espazos naturais do interior do país de alto valor ecolóxico. Se en 2006 os incendios afectaron maiormente a áreas periurbanas e costeiras, cunha incidencia relativamente baixa e dispersa sobre os espazos protexidos (un 2% do total queimado), neste 2010 máis do 30% do terreo arrasado corresponde a tres espazos protexidos (Macizo Central, Xurés e Canóns do Sil) e áreas veciñas de alto valor natural. Tendo en conta a cativa representación territorial que a Rede Natura ten en Galiza (menos dun 12%), a incidencia dos lumes deste ano constitúe unha verdadeira catástrofe ecolóxica.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |