|
Valdoviño. 2.2.2012. Adega na comarca de Ferrol, no Día Mundial dos Humidáis reiteramos a nosa postura máis crítica con respecto á actuación que a Xunta levou a cabo na praia da Frouxeira, con motivo da apertura controlada da lagoa da Frouxeira, ao tempo que reivindicamos o papel que desempeñan entidades de contido ecolóxico á hora de divulgar o patrimonio natural. Os humidáis son básicas no noso patrimonio, na maioría dos casos, as administracións públicas contribúen a esta degradación. A situación creada na Frouxeira é,un claro exemplo da incompetencia dos poderes públicos na protección do medio. Se suma ademais a modificación dos límites do Ramsar, o uso de maquinaria pesada en espazos de especial protección e a variación sen criterio do perfil da praia e actuando, en concreto, na zona máis fráxil da barreira de area.
|
|
|
Ferrol 1.2.2012. Edificio da Xunta. Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos..) e cidadanía en xeral, estamos convocados a unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca, nesta ocasión xunto ao edificio administrativo da Xunta de Galicia. Informacion adicional: http://artabra21.blogspot.com/2012/01/ante-o-anuncio-de-entrada-na-ria-de.html https://picasaweb.google.com/101751370694013578251/111PROTESTALEXITIMA#
|
Valdoviño, 30 de xaneiro de 2012. Os recentes feitos acontecidos na lagoa da Frouxeira, que esta mañán desaugábase de xeito "espontáneo" pola acción do océano e dos bulldozers mentres a Xunta teimaba en construir unha canle artificial noutro punto, reflicten perfectamente á actuación da administración neste caso: Improvisación, incompetencia, a chafallada como norma, ocultación de información, falta de respecto polas leis e o Parlamento... Nas vésperas do Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro), a Xunta está a ofrecer ao mundo un pésimo exemplo de xestión destes sensibles ecosistemas e retrátase como o principal factor para a degradación dos nosos humidais. Así as cousas, e como xa reclamara a 36 Asemblea de ADEGA hai unhas semanas, Feijóo debería considerar a supresión da Dirección Xeral de Conservación e o cese dos seus responsábeis: cando menos as desfeitas que provoquen non se pagarán con cartos públicos.
|
|
Ler máis...
|
|
26 de xaneiro de 2012. As brutais obras para o "baleirado controlado" que están sendo perpetradas pola Xunta na lagoa da Frouxeira, Humidal de Importancia Internacional, LIC, ZEPA e ZEPVN, constitúen un auténtico atentado ecolóxico. Como é posíbel que unha administración, supostamente responsábel deste espazo, poida desentenderse durante 2 anos da súa xestión, incumprindo as súas obrigas de conservación sinaladas nun acordo unánime polo Parlamento, cando foi pola súa neglixencia que a lagoa sufíu as consecuencias? Como pode entenderse que para solucionar un problema creado pola súa incompetencia, agora a Xunta volte meter as escavadoras neste espazo protexido? Perante estes feitos, ADEGA apela ás instancias internacionais titoras do espazo, á oficina Ramsar e á Comisión Europea, para que miren pola conservación deste humidal, patrimonio natural galego, europeo e mundial, que nestes intres está sendo agredido pola Xunta.
|
|
Ler máis...
|
|
Ferrol 18. 1.2012. O programa de ADEGA na radio, "O Souto", en Radio Filispim, e levado por Nés Lópes, presidente de ADEGA na comarca de Ferrol, volve de novo neste ano 2012, e xa están dispoñible na rede : http://osoutodeadega.blogspot.com/ e con enlaces a programas previos emitidos. Estades todos/as convidados a participar.
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 23 |