Adega
INICIO Delegacións A Coruña
A Coruña
ADEGA presenta xunto outras asociacións o Manifesto pola Mobilidade PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA presenta xunto outras asociacións o Manifesto pola Mobilidade a FaceBookEnvia ADEGA presenta xunto outras asociacións o Manifesto pola Mobilidade a Twitter

plataforma_mob

5 de decembro de 2011.No local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda presentouse o Manifesto Pola Mobilidade asinado por colectivos de distintos eidos da cidade da Coruña, como o veciñal,ecoloxista ou estudantil. No manifesto apóstase por un novo xeito de entender a mobilidade dando prioridade aos viandantes, bicicletas e transporte colectivo fronte o transporte particular. Tamén se fala da importancia da creación dunha mesa cidadá para a elaboración dun Plano de Mobilidade para toda a comarca.

Todas os grupos asinantes consideramos que o sistema que implantará o concello en sustitución do actual carril bus empeorará o tráfico e o transporte público na cidade, xa que entre outras cousas é unha chamada a cidadanía para que use o coche privado.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Inspección río Sisalde - Proxecto Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Inspección río Sisalde - Proxecto Ríos a FaceBookEnvia Inspección río Sisalde - Proxecto Ríos a Twitter

O pasado domingo 13 de novembro realizamos a inspección no río Sisalde, en Arteixo, no marco do Proxecto Ríos. Malia que o día comezou cun forte temporal que presaxiaba o peor, cara ás 11 da mañá foi abrindo e unha vez seleccionado o tramo do río puidemos realizar a análise hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica, e ademáis disfrutar dunha agradable mañá na que puidemos achegarnos ao río e aprender a coñecelo.

Deixámosvos aquí algunhas fotos da xornada:

https://picasaweb.google.com/104716198071398985108/ProxectoRios?authkey=Gv1sRgCPmv-ZuK45ufmQE

DSC_0222DSC_0256DSC_0216

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
O domingo 23 celebrouse a 1ª travesía en piragua pola ría do Burgo PDF Imprimir Correo-e
Envia O domingo 23 celebrouse a 1ª travesía en piragua pola ría do Burgo a FaceBookEnvia O domingo 23 celebrouse a 1ª travesía en piragua pola ría do Burgo a Twitter

travesia_piragua_1

A Coruña, 23 de outubro de 2011. Este domingo 23 celebrouse a Iª travesía en piragua pola rexeneración da ría do Burgo. A xornada lúdico-reivindicativa comezou con alerta laranxa e fortes rachas de vento, o cal obrigou a cancelar a proba nas categorías popular e infantil pola seguridade dos participantes. Pero os padexeiros absolutos meterónse na ría deleitando ao numeroso púbrico asistente e demostrando a utilidade da ría como sitio de recreo e lugar de encontro. A boa acollida da iniciativa fai pensar nunha 2ª edición o próximo ano.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
1ª travesía en piragua pola rexeneración da Ría do Burgo PDF Imprimir Correo-e
Envia 1ª travesía en piragua pola rexeneración da Ría do Burgo a FaceBookEnvia 1ª travesía en piragua pola rexeneración da Ría do Burgo a Twitter
piragua_burgoADEGA-Coruña organiza a primeira travesía en piragua pola ría do Burgo para reclamar a súa completa rexeneración e revalorización como ben común da comarca. Será o próximo domingo 23 de outubro ás 12:00 horas, na zona do Paseo Marítimo do Burgo, ao lado da ponte sobre a ría. O percorrido comezará e rematará na ponte que cruza a ría do Burgo. Existirán tres categorías: absoluta, infantil e popular. O prazo de inscrición remata o vindeiro xoves 20 de outubro e podes inscribirte a través do correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben chamando ao 696746862 e proporcionando o teu nome completo e DNI/NIF. A inscrición é necesaria aínda que traias a túa piragua, para facer un seguro. Este domingo 23, móllate pola ría!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA retira media tonelada do río Bolaños e 60 troitas mortas PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA retira media tonelada do río Bolaños e 60 troitas mortas a FaceBookEnvia ADEGA retira media tonelada do río Bolaños e 60 troitas mortas a Twitter

bolanhos_2

A Coruña, 03 de outubro de 2011.-A participación de ADEGA Coruña na IV Limpeza simultánea do Proxecto Ríos relizouse por primeira vez no río Bolaños, entre o centro urbán de Arteixo e o polígono de Sabón. A cantidade de lixo recollida foi sorpresivamente elevada, uns 500 kg. de lixo nos que predominaron  plásticos, vidros,  material de obra e incluso mobiliario do paseo fluvial, tamén se atopou unha gran cantidade de troitas mortas provocadas por un verquido.  ADEGA Coruña pide á Xunta,  e aos concellos da comarca que aceleren a posta en funcionamento da EDAR de Bens, así como que aseguren o bó funcionamento doutras como é o caso da de Sidalde. Demandan, así mesmo, que se exerza maior control e vixilancia contra o depósito ilegal de refugallos nas contornas fluviais e a posta en valor das súas cabeceiras.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 6


ADEGA