![]() |
| Por un transporte urbano sustentábel: a cidade sen coches é mellor |
|
|
|
|
O tráfego urbano é a principal causa de deterioración da calidade de vida nas nosas vilas e cidades. A contaminación atmosférica e acústica do tráfego degrada o ambiente con consecuencias negativas para a nosa saúde (doenzas respiratorias, estrés, perda de audición,...). O coche ocupa a maior parte do espazo público, convertendo as rúas e prazas en lugares principalmente de paso, perigosos pola presenza ameazadora do automóbil e sen condicións adecuadas para cumprir as súas funcións de encontro e de xogo, funcións ás que non debemos renunciar.
A reducción sustancial da presenza do automóbil privado é unha condición necesaria para facermos as nosas cidades máis habitábeis. Todos os esforzos que fagamos para limitar o uso do coche e favorecer os modos de transporte non motorizados e colectivos redundarán nunha mellora importante das condicións de vida de todas as persoas que vivimos nas cidades, especialmente dos nenos e dos anciáns. Unha cidade con menos coches é unha cidade con maior calidade de vida. Restrinxir o tráfego e fomentar modos alternativos tamén mellorará sustancialmente as nosas opcións para nos desprazar, incluída a de usarmos o coche en condicións de tráfego boas cando sexa realmente necesario. É posíbel calmar o tráfegoDiminuír o tráfego urbano é unha tarefa complexa e difícil que precisa do compromiso das Administracións e de toda a sociedade. Non abonda con medidas parciais ou limitadas a determinadas zonas. Hai que desenvolver un amplo abano de medidas diversas en toda a cidade. O potenciamento dos medios alternativos ao automóbil é necesario para diminuír a utilización do coche mais non é suficiente. Debe ir acompañado dunha política de limitación da circulación e do estacionamento do vehículo privado. A experiencia de moitas cidades amósanos que resulta ilusorio achar que a mellora do transporte colectivo e das facilidades para camiñar ou andar en bicicleta leva por si soa á reducción do tráfego privado. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) propoñen aos Concellos a implantación de planos destinados a moderar o tráfego das cidades que incorporen un conxunto de medidas urbanísticas, de potenciamento dos modos de transporte non motorizados (a pé, bicicleta) e dos motorizados colectivos, de restricción da utilización do automóbil privado e de educación ambiental.
|
Manifestación 17 de maio: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO! |
Primavera ambiental na UDC |
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
IV mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |