![]() |
| Que os nosos ríos sigan vivos: Manifesto asinado por persoas do mundo da cultura |
|
|
|
|
Cen ríos recolleron as bagullas sen sal que choran as nubes, convertéronas en risas e voces de agua. Cen ríos, cicatrices de agua sobre a vella pel de Galicia. Rede fluvial, arañeira viva que comunica do Eo ó Miño, do Tea ó Xallas, do Lor ó Arnoia. Que os ríos non son fronteiras senón camiños de agua. Sen os pequenos ríos ¿onde irán nadar a troita e o espiñento? ¿quen poderá ver o picapeixe guindado como unha coitelada sobre a agua? ¿onde se agochará a pequena saramaganta? ¿a quen interrogará a garza? ¿que será do lento sapoconcho? Se as centrais cortan o fluxo dos nosos pequenos ríos coas súas tesoiras de cemento cortarán tamén en mil pedazos normativas que falan de caudal ecolóxico, protección da biodiversidade, conservación de endemismos, preservación do hábitat natural de especies autóctonas. Xa non podemos quitarlle ó Xallas a mordaza que apagou a voz da súa fervenza, noutro tempo escoitada ata unha ducia de quilómetros arredor; xa non podemos cruzar a Ponte das Poldras sobre Antela, pero aínda estamos a tempo de conservar vivos moitos dos nosos ríos, de preservar as comunidades que só neles e nas súas beiras teñen acougo. Esiximos o estricto cumprimento da lexislación, o que impediría a proliferación de centrais hidroeléctricas a custa dunha riqueza biolóxica e paisaxística que, unha vez perdida, sería irrecuperable. Asinantes:
|
Manifestación 17 de maio: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO! |
Primavera ambiental na UDC |
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
IV mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |