![]() |
| Informe de ADEGA: os biocombustíbeis van disparar o prezo dos alimentos |
|
|
|
6 de agosto de 2006. Neste novo informe ADEGA analiza a situación creada polo aumento da utilización de biocombustíbeis para misturar coa gasolina e co gasoil. Esta demanda afecta a numerosos cultivos utilizados para esta fin e está impulsando á alza o prezo dos produtos agrícolas, nomeadamante o millo e o azucre. A suba de prezos estase xa a contaxiar a outros cultivos e finalmente trasladarase ao custo dos principais alimentos.As previsións para os próximos meses son de apertura de novas plantas de producción de biocombustíbeis cun aumento da demanda de productos agrícolas. O feito de que existan subsidios en moitos países para a producción de biocombustíbeis fainos máis competitivos que a producción de alimentos, polo que se esperan novos aumentos de prezo. Nos países do terceiro mundo un aumento no prezos dos alimentos pode ocasionar un empeoramento significativo da situación nutricional. A situación pode ser tal que os coches dos países industrializados vanse mover coa comida que producen os países en vías de desenvolvemento. A demanda dos biocombustíbeis pode ser regulada reducindo os subsidios para facer máis competitiva a producción de alimentos.
Tes máis neste segundo informe de ADEGA sobre o tema:
|
Manifestación 17 de maio: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO! |
Primavera ambiental na UDC |
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
IV mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |