Adega
INICIO ADEGA-Cadernos

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

botonCERNA65

Outras publicacións

caderno18.jpg

ADEGA lanza o seu novo caderno monográfico sobre lamas de depuración PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA lanza o seu novo caderno monográfico sobre lamas de depuración a FaceBookEnvia ADEGA lanza o seu novo caderno monográfico sobre lamas de depuración a Twitter
caderno18.jpgCompostela, 2 de marzo de 2009. ADEGA lanza o nº 18 dos ADEGA-Cadernos, unha publicación técnico-científica realizada por expertos/as que trata de xeito monográfico unha temática ambiental determinada. Neste número 18 faise unha análise en profundidade da situación e problemática dos lodos de depuradora en Galiza. Estas lamas son un subproduto dos sistemas de depuración tradicionais que poden converterse nun grave problema ambiental se o seu tratamento é inadecuado. Baixa o Caderno 18.pdf Caderno 18 (3.14 MB)

Nun primeiro apartado, o profesor de Enxeñería Química da UdC, Manuel Soto e a xornalista de ADEGA Belén Rodríguez fan unha contextualización da problemática xeralizada que estas lamas carrexan unha vez obtidas do proceso de depuración a nivel ambiental, pero tamén a nivel social. Sinálanse os riscos que poden derivarse do depósito destes lodos sen tratamento previo sobre as terras agrarias facendo alusión a algúns casos concretos en Galiza. Tamén se fai referencia ás posibilidades existentes de darlles unha xestión proveitosa desde un punto de vista sostíbel e á necesidade de establecer medidas de prevención para minimizar o volume destes residuos.
No capítulo II faise un repaso dos posíbeis tratamentos recibidos polos lodos desde a súa orixe ata a súa aplicación final. Con respecto á súa xestión, avalíanse diferentes alternativas de tratamento como a biometanización ou a compostaxe e dáse conta de cal sería o modelo máis óptimo para Galiza, segundo a perspectiva do enxeñeiro agrónomo e técnico industrial, Xosé Antonio González Ferreira, quen ademais apunta unha serie de criterios a seguir para a futura xestión destes residuos.
Desde unha óptica máis metodolóxica, Carlos Pérez Losada, do Departamento de Residuos e Enerxía de ROS Roca, analiza os aspectos tecnolóxicos da compostaxe das lamas de depuradora en función da composición do material a tratar e das súas proporcións.
O derradeiro capítulo do monográfico contempla as vantaxes ambientais e de produtividade que ofrece a valorización agronómica dos lodos, isto é, o seu depósito en terras agrarias como fertilizantes capaces de aportar ao terreo os elementos nutritivos necesarios para o cultivo, tras recibir os tratamentos precisos e que estipula o propio marco lexislativo europeo e español. Participa neste apartado Mercedes Fra, técnica da empresa de xestión de lodos de depuradora Agroamb.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA