Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Trasancos arrow A exposición ART-NATURA chega a Fene
A exposición ART-NATURA chega a Fene Imprimir E-mail
artnatura.jpg25 de xaneiro de 2008. A exposición Art Natura na que participan máis dun cento de artistas e escritores/as galegos/as coa temática da defensa do medio natural, inaugúrase este mércores 27 ás 20h na Casa da Cultura de Fene. A exposición poderá visitarse dende o 27 de febreiro até o 14 de marzo. Durante este período terán lugar 3 ENCONTROS: 12 de marzo ás 20 h, encontro con fotógrafos/as; 13 de marzo ás 20 h, encontro con pintores/as; e 14 de marzo ás 20 h, encontro con escritores/as. Á inauguración da exposición asistirán membros de ADEGA, da corporación municipal de Fene e artistas participantes. A mostra realízase coa colaboración do Concello de Fene e das consellerías de Cultura e Medio Ambiente. 
 

  A exposición “ART NATURA”, promovida por ADEGA, é unha mostra itinerante por todo o territorio de Galiza en defensa da Rede Natura galega e en defensa do noso Patrimonio Natural.
  Fene é a sexta localización na que se expón “Art Natura” tras Compostela, O Carballiño, Lugo, Oroso e A Coruña onde tiveron unha boa acollida. Participan nela máis dun cento de artistas galegos con 102 obras plásticas, 28 literarias, e 2 audiovisuais.
  Durante este 2008, pretendemos tamén presentar a exposición en Pontevedra, Ferrol, Carballo, Melide e Cabanas. Permanecere atent@s ás novas convocatorias e datas.

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega