Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Últimas novas arrow A cara oculta das piscifatorías (IV): peixes "ecolóxicos" con antibióticos de porcos
A cara oculta das piscifatorías (IV): peixes "ecolóxicos" con antibióticos de porcos Imprimir E-mail
antibio1.jpg30 de xaneiro de 2008. Nunha recente visita á piscifatoría de troitas do grupo Isidro de la Cal en Carballo, a Conselleira de Pesca puña esta instalación como un "exemplo" polas súas condicións de "cultivo ecolóxico". Membros das plataformas que acudiron a expresar o seu rexeitamento contra o Plano Acuícola puideron constatar a presenza nos terreos da piscifatoría de numerosos restos de envases de PARACILLIN, un antibiótico cuxo principio activo (trihidrato de amoxiciclina) úsase tamén en humanos, alén de polos e porcos. Vaites coas troitas ecolóxicas!
 

  As protestas dos veciños das plataformas de Quilmas, Merexo, Camelle e Seiruga, esixindo que a Conselleira escoitara as demandas da cidadanía e os ecoloxistas sobre o Plano  Acuícola, sistemáticamente ignoradas, forzaron á Sra. Gallego a permanecer nas instalacións de Isidro De La Cal durante 4 horas. Polo seu ben, agardamos que non fora agasallada cunha comida a base de troitas "ecolóxicas".antibio2.jpg
  Dubidamos que o cultivo ecolóxico desta especie (Norma UNE 173002, recentemente aprobada) sexa compatíbel co uso de antibióticos de amplo espectro (Paracillin) que ademáis van dirixidos a outras especies-obxectivo (polos e porcos) e cuxo principio activo, o trihidrato de amoxiciclina, úsase tamén como antibiótico en humanos.
  A este respeito, o Consello Andaluz de Agrucultura Ecolóxica (CAAE) esixe que para o cultivo ecolóxico de peixes "se substitúan os antibióticos ou otros produtos químicos de síntese por vacinas, preferentemente autobacterianas".
  Para que un produto poida ser denominado ecolóxico, necesariamente ten que estar certificado por un organismo oficialmente recoñecido para iso, alén de garantir totalmente a trazabilidade e a seguridade do consumidor/a: nas producións ecolóxicas non se empregan produtos químicos de síntese (hormonas, estimulantes do crecemento, colorantes, antibióticos, pesticidas, herbicidas, biocidas, etc, e por suposto tampouco OXMs -Organismos Xeneticamente Modificados, ou transxénicos-), ou en xeral ningún otro produto que poida supoñer un risco para a saúde d consumidor/a.antibio3.jpg
  De todos/as é coñecido a precaución que se debe ter co abuso dos antibióticos polos riscos de criar resistenzas e diminuir a efectividade do fármaco. A inxesta de antibióticos de xeito pasivo, através dos produtos da gandería e acuicultura intensiva, alén dos que se liberan no medio acuático e entran na cadea trófica dos ríos e mares, non son o milor xeito de mirar pola nosa saúde e a do medio ambiente.
  Os consumidores/as ficamos indefensos/as fronte a declaracións como as da Sra. Gallego, que bendice determinadas instalacións cuxas práticas produtivas pouco teñen que ver coa produción ecolóxica (por non falar da xestión dos refugallos dos fármacos, guindados nun bidón). Se a Sra. Conselleira, voceira da patronal e máxima valedora do Plano Acuícola pretende reproducir este "modelo exemplar" por toda a nosa costa, a cidadanía e os ecoloxistas non imos ficar calados.
 

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA