Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-O Carballiño arrow "OPERACIÓN RAPOSO". Mobilízate contra a 'V Copa de España' en Portomarín!
"OPERACIÓN RAPOSO". Mobilízate contra a 'V Copa de España' en Portomarín! Imprimir E-mail
raposo.gif26 de xaneiro de 2007. O domingo 27 de xaneiro preténdese celebrar a "V Copa de España de Caza do Raposo" en Portomarín (Lugo) o­nde xa se celebrara un campionato estatal fai uns anos. ADEGA e numerosos colectivos ecoloxistas e sociais e facemos un chamado á cidadanía para protestar contra estes inxustificados masacres. Vémonos en Portomarín este domingo. Ás 7:30h quedada na praza maior para a saída ao monte. Ás 13:30 concentración na praza maior. CONTACTO: 676750768 +Info: EQUANIMAL
 

  Finalmente, e pese ao escurantismo da Consellería de Medio Ambiuente e o desleixo da de Cultura (ver nova de ADEGA), conquerimos saber que a "V Copa de España de Caza do Raposo" vai ter lugar, outra volta, no noso país, agora na vila de Portomarín (Lugo). Alí, agardamos contar coa túa presenza para reivindicar públicamente ese día en Portomarín, a fin das matanzas inxustificadas de animais. Xa son máis de 15 os colectivos de defensa dos animais e ecolóxicos de todo o territorio español, os que veñen apoiando ao grupo MATAR POR MATAR, NON! na súa andaina de loita pola supresión dos masacres indiscriminados de animais nos montes galegos.raposo2.jpg
  Estas cacerías non contan con estudos sobre as poboacións de raposos, polo que carecen de rigor científico. Portanto, a excusa dun exceso de raposos é falsa. Nalgúns planos de aproveitamento cinexético de Tecores, aprobados pola administración, fálase de densidades de 8 raposos por km2, cando estudos recentes dan ratios de 0,5 a 1,8 raposos/km2. É dicir, moitos destes planos están falseados con densidades ficticias entre 8 e 16 veces maiores.   
  Outra xustificación á que frecuentemente recorren as sociedades de caza é que os raposos son negativos para a actividade cinexética, e por iso hai que matalos sen máis. O raposo non ten ningunha culpa da falta de pezas de caza no monte. As razóns que realmente explican o descenso da caza en Galiza son, entre outras:
    -Un excesivo número de cazadores. -O abandono das terras agrarias que beneficia a especies como o xabarín en detrimento doutras como o coello que necesitan paisaxes máis abertas. -As enfermidades que afectan dende hai anos ao coello, unha das principais presas do raposo.
    -As “repoboacións” mal realizadas: soltánse os animais xusto antes de cazalos, sen realizar biotopos e sen establecer zonas vedadas para que podan adaptarse ao novo medio.
    -O incumprimento case xeralizado das leis en vigor que afectan á actividade cinexética.
  Por estas razóns, que partillamos coa Plataforma “Matar por Matar Non", e porque ninguén ten dereito masacrar á fauna silvestre para divertirse, ADEGA convoca a todas as persoas sensíbeis co sufrimento innecesario dos animais e aos amantes da caza respectuosa co medio, a achegarse a Portomarín este 27 de xaneiro para expresar o seu rexeitamento a este bárbaro masacre disfrazado de “campionato”.

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega