Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Ferrolterra arrow Outra desfeita ambiental na Rede Natura: de novo a Frouxeira (Valdoviño)
Outra desfeita ambiental na Rede Natura: de novo a Frouxeira (Valdoviño) Imprimir E-mail
valdovinho1.jpg15 de xaneiro de 2008. Nas inmediacións do faro d´A Frouxeira, concello de Valdoviño, pódense ollar unhas gabias abertas en plena zona dunar -hábitat prioritario código Rede Natura 2130* (dunas grises)-, conformando un rectángulo de aprox. 1 Ha. Nas esquinas cimentáronse uns marcos cilíndricos de 1 m de altura. Estas actuacións provocaron unha importante alteración na morfoloxía do hábitat e na vexetación dunar, ambos protexidos. Alén disto, as obras leváronse a cabo nun Lugar de Importancia Comunitaria (LIC ES1110002 Costa Ártabra) da Rede Natura 2000. Á desfeita provocada pola urbanización da Frouxeira, xa denunciada por ADEGA, únese agora este novo atentado contra unha Rede Natura de "pim-pam-pum".
 

valdovinho2.jpg  O contorno de Valdoviño, parte do LIC Costa Ártabra e zona RAMSAR, ten sufrido nos últimos tempos as consecuencias do urbanismo salvaxe e o desleixo das administracións pola defensa dos espazos protexidos e do seu patrimonio natural e cultural. As obras de urbanización que a promotora “CONSTRUCCIONES RÍAS GALLEGAS” está a facer en terreos incluidos no LIC Costa Ártabra (rede Natura 2000) , incumpre ademáis a Lei de Costas e a Lei do Patrimoniuo Cultural de Galiza, ao situarse a poucos metros da dobre muralla do castro da Frouxeira. No entanto, seguen adiante ante a pasividade e complicidade das administracións.
  Agora, esta nova actuación, outro exemplo máis da estratexia de "feitos consumados", ven a degradar aínda máis este espazo e a pór de manifesto a indefensión efectiva que sofren os hábitats e especies prioritarias da Rede Natura galega.valdovinho3.jpg
  Por iso ADEGA denuncia novamente estes feitos e demanda dos poderes públicos, Xunta e concellos, que tutelen e garantan o dereito a que os nosos espazos protexidos e a nosa diversidade natural sexa salvagardada. As leis ambientais ante todo son leis que obrigan ao seu cumprimento a todos e a todas. Se nen sequera se cumpre a Directiva de Hábitats, a lei de Conservación da Natureza, a Lei de Costas e a Lei de Patrimonio, que sentido ten ampliar a Rede Natura ou anunciar unha Lei de Protección da Paisaxe ou un agardado o Plano Reitor de Usos da Costa? 
  A protección efectiva do noso patrimonio natural segue sendo hoxe papel mollado. 
valdovinho4.jpg 

 

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA