Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Últimas novas arrow FENOSA tentou queimar refugallos radiactivos en Meirama
FENOSA tentou queimar refugallos radiactivos en Meirama Imprimir E-mail
meiramanuclear.gif20 de Nadal de 2007. ADEGA esixe das consellerías de Industria, Medio Ambiente e Sanidade que non autoricen a entrada e/ou tratamento de refugallos radiactivos en Galiza. FENOSA tiña previsto queimar nas súas instalacións de Meirama unha cantidade indeterminada de palés “radiactivos”, que transformados en serrín, proviñan do desmantelamento da Central Nuclear de Zorita. O material trasladado está cualificado pola propia empresa como “pouco contaminante e de baixa radiactividade” e a cantidade a queimar oscila entre as 15 e as 40 Tm. O QUE NOS FALTABA!


  Os palés serían traslados dende a planta de Guadalaxara até Cerceda nun transporte especial para o que FENOSA ten autorización até o 31 de decembro deste ano. ADEGA esixe ás consellerías de Industria e Medio Ambiente que non autoricen estas queimas e fagan valer o acordo do Parlamento Galego que en setembro de 2006 aprobou coa unanimidade dos tres grupos, unha proposición non de Lei do BNG que declarou Galiza como TERRITORIO DESNUCLEARIZADO. zorita1.jpgIsto implica que no noso país non se poden construir centrais nucleares, nin cemiterios de refugallos –eufemísticamente chamados Almacéns Temporais Centralizados-, así como permitir o trafego polo noso mar e aire de transportes con refugallos radiactivos ou armamento nuclear.
  Alén disto, e ainda que os refugallos non tiveran actividade radiactiva, ADEGA lembra que en aplicación do Principio de Proximidade, estes deberían tratarse nas áreas máis próximas a onde se xeneran. Cal é a razón pois deste trafego?
  Sexa como sexa, ADEGA esixe das administracións competentes que impidan a incineración de calquera residuo radioactivo, calqueira que sexa o seu grao de actividade. Cómpre lembrar que a incineración non elimina a radioactividade dos materiais, senón que só produce cambios físico-químicos que mesmo contribíuen a espallar por unha maior área do territorio os elementos radiactivos presentes nos refugallos. Este asunto volta a poñer de manifesto o perigo para a vida, o ambiente e as xeracións futuras que teñen as instalacións nucleares que produxen miles de toneladas de refugallos qiue hai que tratar/armacenar durante milenios.sulfato.jpg
  Finalmente, ADEGA quere outra volta expresar o seu total apoio e solidariedade cos veciños/as de Cerceda e cos traballadores da central de Meirama que levan anos aturando as chuvias de carbón, de folerpas ácidas e agora chuvia radiactiva, debido á actitude antiecolóxica, insolidaria e prepotente de Unión Fenosa.
  Se en 1973 a cidadanía galega conqueriu rexeitar a instalación dunha central nuclear en Xove, e logo das grandes mobilizacións dos anos 1981 e 1982 contra os vertidos radiactivos na foxa atlántica, ADEGA non vai permitir agora a queima, procesamento ou almacenamento de ningún tipo de refugallos radioactivos en Galiza.
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega