Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Lugo arrow ADEGA solicita a nulidade da licenza dunha canteira en Riotorto
ADEGA solicita a nulidade da licenza dunha canteira en Riotorto Imprimir E-mail
canteira_riotorto.jpgLugo, 10 de setembro de 2007. Mesmo á beira da estrada LU-122, de Bretoña a Vilanova de Lourenzá, antes de chegar ao alto da Cruz da Cancela hai algo máis dunha semana que percibimos maquinaria de obras traballando sobre o cauce e as beiras do río Turia, -unha das cabeceiras do río Torto-, destinadas a unha explotación mineira de recursos da sección A) da empresa HERGAYA, S.A.
 

A sorpresa nosa foi comprobar que tal actividade (cunha declaración de impacto ambiental do ano 2001 que no ámbito da administración do Estado tería caducado, dacordo co Decreto 1302/1986, de avaliación de impacto ambiental, modificado pola Lei 9/2006, de avaliación de plans e de programas) conta con licenza provisional de obra e actividade do 16 de Maio do 2007, do anterior governo municipal, sen ter tramitado o preceptivo proxecto sectorial ao abeiro do disposto na lei 10/1995 de ordenación territorial de Galicia.canteira_riotorto_2.jpg
A solicitude de nulidade que ADEGA vén de presentar no dia de hoxe ante o Concello de Riotorto fundaméntase en que se trata dunha licenza NULA DE PLENO DEREITO por canto dita canteira se ubica sobre o cauce e a zona de policía do Turia e, ademáis, sobre unhas fincas que teñen sido obxecto de concentración parcelaria.
A explotación ubícase, pois, nun solo que, dacordo coa Lei do solo (Lei 9/2002), pertenece á categoría de solo rústico de protección agropecuaria por teren sido obxecto de concentración parcelaria e máis á categoría de solo rústico de protección de augas por perteneceren á zona de policía do Turia, nos que, -tamén dacordo coa vixente Lei do solo-, está proíbida a actividade mineira, agás que sexa autorizada polo Consello da Xunta de Galiza previa tramitación do correspondente proxecto sectorial.
Dende ADEGA, unha vez máis, reclamamos que as disposicións de protección ambiental da Lei do solo son tamén para ser cumplidas e consideramos especialmente grave que, para poder autorizar esta explotación mineira dun cargo do PP, o Concello de Riotorto, governado entón polo PP, poda calificar os terreos nos que se vai ubicar esta explotación mineira como de protección forestal, pasando por alto que as actuacións da concentración parcelaria, coas súas importantes inversións públicas, teñen a finalidade (por Lei) de favorecer á actividade agrogandeira e á fixación de povoación no meio rural (daí a súa protección pola Lei do solo) e ignorando por completo a existencia do TURIA pasando polo mesmo medio da explotación.
Os argumentos sobre os que baseamos a solicitude de nulidade desta licenza de actividade son, dende o noso ver, absolutamente contundentes e agardamos, por elo, que o Concello de Riotorto acceda a abrir expediente de NULIDADE ao respecto e que, en consecuencia, acceda tamén a dispoér de forma inmediata a suspensión da licenza e a paralización inmediata das obras, antes de nada pola irreversibilidade dos impactos ambientais, pero tamén a beneficio da propia responsabilidade municipal e do técnicos que informaron favorablemente o expediente por se teñen que facer fronte a algunha reclamación de indemnización por parte da empresa.
Dado que este non é o único exempro de incumplimento da normativa vixente por parte das empresas mineiras, queremos acabar aproveitando, unha vez máis, a ocasión para solicitar das distintas administracións autonómica e Central unha maior coordinación na defensa da legalidade vixente: se a Lei do Solo ten proíbida a actividade mineira sobre sobre os cauces e a zona de policía, resulta inaudito que poda empezar por ter declaración de impacto ambiental favorable e logo autorización mineira e por último licenza municipal. E TEMPO XA DE QUE AS EMPRESAS MINEIRAS TEÑAN QUE RESPETAR A MESMA LEGALIDADE Á QUE ESTAMOS OBRIGADOS TODOS OS DEMÁIS CIDADÁNS.
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega