|
As alegacións contra a ZEPA da Limia foron elaboradas pola Deputación de Ourense |
|
|
Ourense, 7 de setembro de 2007. Durante o periodo de exposición pública da declaración como Zona de Especial Protección de Aves da Limia remitíronse alegacións elaboradas dende a Deputación de Ourense aos concellos da comarca da Limia. ADEGA rexeita que organismos públicos utilicen os problemas medioambientais para realizar campañas políticas. A protección da natureza é cousa de todos e todas e non pode ser fonte de batallas políticas comandadas polo interese partidista e non polo interese xeral.
A deputacion provincial de Ourense implicouse contra a protección da natureza por intereses partidarios este é un feito que deben coñecer os cidadáns para que entre todos evitemos estas situacións. O modelo enviado pola Deputación de Ourense é o que seguiron os concellos que presentaron alegacións á ZEPA da Limia. Un día despois de que funcionarios do concello de Xinzo de Limia estivesen pegando cartaces do Partido Popular contra a Declaración de ZEPA durante a súa xornada laboral, cabe preguntarse se neste caso foi persoal da Deputación que durante a o seu traballo empregou recursos públicos para campañas partidistas contrarias ao medio ambiente e á protección da natureza. |