 Ferrol, 6 de setembro de 2007. Na actualidade, varios espazos de interese natural e arqueolóxico do concello de Ferrol atópanse ameazados por diversas actuacións urbanísticas e empresariais. No ano 2005, xestouse no Concello de Ferrol o proxecto de facer un “megapolígono industrial“ de 4 millóns de metros cadrados no Chá de Brión, e por outra banda, xa nesas datas estaba en fase avanzada o “Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)”.
ADEGA, xunto con outros colectivos comarcais, entre os que destacaban Clube de Montaña de Ferrol, Esquerda Unida-IU, Nós-UP, e veciños de Brión e de Leixa, constituía a denominada “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”, para intentar defender estes lugares de especial importancia ambiental e arqueolóxica. En resumo, os puntos mais salientables polos que nos parece se debían de protexer a riqueza destas zonas son os seguintes: A) CHA DE BRIÓN -Zona con importantes restos arqueolóxicos (máis de 35 mámoas catalogadas por Patrimonio). Unha actuación urbanística na zona, non estaría acorde, na nosa opinión, có artigo 104 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e a súa modificación Lei 15/2004 referente a “Adaptación a ambiente”. -Está adxacente ó LIC “Costa Artabra” e unha actuación urbanística nesta zona podería danar zonas moi sensibles como a lagoa de Doniños, a propia costa Artabra, etc. -Nacemento de regatos e presencia de humedais. A construcción de naves industriáis nesta zona estaría en contraposición coa recentemente aprobada Lei 5/2006 no parlamento galego para “Protección conservación e mellora dos ríos galegos”. -Existencia de algunhas das ultimas turbeiras de Galiza. -Flora e fauna con alguns especímenes no listado de especies a protexer. B) SAN PEDRO DE LEIXA -Atópase á “Fraga da Pega” e a “Fraga da Casa do Monte” uns dos últimos reductos de bosque autóctono non ripícola que se conserva no municipio ferrolán. Tamén nesta zona hai flora moi importante con Ripsilvas, e bosque de ribeira -Zona con importantes restos arqueolóxicos: Castro da Leixa (Croa), Castro de Sta Icia, e a mámoa de Trasancos (actuación urbanísitca na zona: mesmos incumprementos da Lei 15/2004) -Nesta zona atópanse especies animais incluidas no “Catálogo Nacional de Especies Amenazadas” (CNEA) con categoría de vulnerable (V) e/o perigro de extinción. Máis de 40 especies entre mamíferos, reptís, aves, peces, ou anfibios da zona estarían englobadas dentro da Directiva Hábitats 92/43/CEE ou directiva Aves (Directiva79/409) etiquetadas de “interese especial” ou “vulnerable”. -Nesta zona está os regatos de Fonteiroa, o rego de Leixa e o rio Frexeiro, zonas especialmente sensibles a unha posible actuación empresarial. -Esta superficie atópase en contacto directo có Hospital Basico da Defensa e o Hospital Novoa Santos. Non semella moi axeitado facer un polígono industrial e trafico de mercadurías potencialmente perigosas nesta zona. A “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”, estivo moi activa estes anos e “contra pronóstico”, colaborou a que se paralizase neste ano 2007 o proxecto de realizar un megapolígono industrial no Cha de Brión, a que fora rexeitado o primeiro proxecto para o Polígono Industrial de Leixa, e estamos pendentes das alegacions á totalide presentadas ó novo proxecto para Leixa o cal xa inclue zonas de protección especial arqueolóxica ó castro da Croa e as fragas da zona. |