| Inaugúrase a Exposición ART NATURA en Sigüeiro |
|
|
22 de agosto de 2007. A exposición Art Natura na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inagúrase este mércores 22 ás 20:30 no Edificio de Usos Múltiples de Sigüeiro (Oroso) situado na Rúa da Cultura nº1. Poderase visitar entre o 22 de agosto e o 15 de setembro de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00, entre semana. Nas fins de semana este horario pode variar. Á inauguración da exposición asistirán membros de ADEGA, artistas, e membros da corporación municipal do Concello de Oroso. Os organizadores convidarán a un viño galego aos asistentes… A mostra realízase coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Oroso. Estades todos convidad@s!!! Organiza: ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) Produce: Concello de Santiago, Concellaría de Cultura Colaboran: Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel e Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

22 de agosto de 2007. A exposición Art Natura na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inagúrase este mércores 22 ás 20:30 no Edificio de Usos Múltiples de Sigüeiro (Oroso) situado na Rúa da Cultura nº1. Poderase visitar entre o 22 de agosto e o 15 de setembro de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00, entre semana. Nas fins de semana este horario pode variar. 
