|
As obras de acondicionamento dun Hotel de Brandía están a provocar unha desfeita no Río Sar |
|
|
 Compostela 29 de Xullo de 2007. Dende ADEGA-Compostela queremos salientar que, sendo unha actuación positiva a rehabilitación de edificios antigos e emblemáticos en equipamentos turísticos, o impacto sobre o medio natural debe ser mínimo a hora de acometer as obras.
Segundo puidemos comprobar in situ, a destrucción do bosque de ribeira no río Sar é total na zona onde se vai instalar o novo complexo hoteleiro. Todo indica que estas actuacións están adicadas a erradicar a flora autóctona presente nas marxes do río para logo diseñar un xardín con especies ornamentais, o que supón unha degradación dos nosos ecosistemas fluviais tan maltratados de seu pola contaminación, vertidos, encoros, industria, urbanismo, etc. Dende ADEGA-Compostela reclamamos o respecto que estas zonas merecen por ser a protección natural das marxes do río e constituir un reservorio da biodiversidade dos nosos ríos, así como co compromiso que temos na implantación da Directiva Marco da Auga da Unión Europea sobre a conservación e calidade dos nosos ecosistemas fluviais. |