Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Ourense arrow Talan bosques de ribeira no LIC Río Támega
Talan bosques de ribeira no LIC Río Támega Imprimir E-mail
tmega.jpg23 de xullo de 2007. ADEGA-Ourense ven de denunciar as importantes desfeitas que están a ocasionar talas incontroladas de árbores nas ribeiras do río Támega, concretamente na zona coñecida como “Bosque do Pracer” no concello de Verín. Constitúe este espazo integrado na denominada Rede Natura 2000 un dos poucos bosques autóctonos que restan na comarca de Monterrei, tra-os incendios devastadores dos veráns de 2005 e 2006 que deixaron asolados os bosques da comarca.
 

ADEGA cualifica está actividade coma un verdadeiro atentado contra a natureza e o contra o propio río Támega. Cabe lembrar a actuación decidida que está a levar a asociación ADEGA nos últimos anos en defensa deste río, concretamente a Delegación de Ourense que o tomou e adoptou como río de referencia dentro dos obxectivos que nos fixamos de defensa da denominada Rede Natura 2000.
O espazo Bosque do Pracer é unha zona sita ao sur da vila de Verín conformado por un bosque dos chamados “de ribeira” onde destacan, entre outras, as especies dos enormes freixos e amieiros da flora constitutiva da vexetación atlántica e mediterránea que deron lugar a declaración de Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) en decembro de 2004. Todo o cauce do río Támega é unha zona L.I.C. e está protexido por importantes normas de orixe do chamado dereito comunitario europeio, entre elas, as fundamentais Directivas de Aves (1979) e Hábitats (1992).
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega