Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Compostela arrow ADEGA-Compostela visita o LIC Brañas de Xestoso para coñecer as especies vexetais
ADEGA-Compostela visita o LIC Brañas de Xestoso para coñecer as especies vexetais Imprimir E-mail
fervenza.jpg
Compostela 3 de xullo de 2007. ADEGA-Compostela realizou onte unha visita ao LIC das Brañas de Xestoso, incluido na Rede Natura coa fin de recoñecer a vexetación da zona e tentar identificar especies ameazadas. Contouse coa inestimable presencia de Xabier Amigo, profesor de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela quen realizou os traballos de identificación de especies e comunidades vexetais.
 

Tamén estiveron presentes membros de varias asociacións do Concello da Estrada, como por exemplo a Asociación pola Defensa do Val do Liñares, ademais de profesores de Ensino Secundario da Estrada, cazadores e membros de ADEGA-Compostela.xavier_amigo.jpg
Visitáronse dúas zonas distintas por unha banda a Lagoa e as brañas propiamente ditas, constituidas por terreos con auga superficial gran parte do ano, no que se desenvolven especies vexetais nun substrato de turba. En segundo lugar visitouse a Fervenza do lugar de Férvedaselva_en_silleda.jpg no Concello de Silleda rodeada de abundante vexetación de ribeira, carballos e varias especies de fentos do xénero Dryopteris, un lugar de gran beleza paisaxística que tamén forma parte deste Lugar de Interese Comunitario das Brañas de Xestoso. 
Entre as especies de interese detectadas destacamos a Linkagrostis juresii, unha gramínea das brañas que nace en terreos anegados de auga, e que está protexida polo recente Catálogo Galego de Especies Ameazadas, ademais de orquídeas como Dactylorrhiza maculata, xuncos, e musgos do xénero Sphagnum, unha gran escolma de especies escasas e ameazadas a nível europeo que cómpre coñecer para poder valoralas.Braña
ADEGA pon de manifesto o grande valor ambiental e turístico da zona que necesita unha efectiva protección debido a que está ameazado pola construcción dun parque eólico que destruiría a maior parte das Brañas e ao que ADEGA se opón rotundamente.
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega