Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Lugo arrow Chega a Lugo a exposición ART NATURA
Chega a Lugo a exposición ART NATURA Imprimir E-mail
art_natura2.jpgLugo, do 21 de maio ao 14 de xuño de 2007. A exposición “ART NATURA”, tenta ser unha actividade itinerante por todo o país en defensa da Rede Natura galega e en defensa do Patrimonio Natural galego en xeral. Participan nela máis dun cento de artistas galegos que coas súas obras queren expresar a súa visión sobre a natureza galega e a súa problemática. A exposición estará aberta ao público no Centro Social e Cultural Uxío Novoneyra, dende o 21 de maio até o 14 de xuño, de 4 da tarde ás 9 da noite. Por outra parte, os centros educativos que o desexen poderán concertar visitas guiadas para os seus alunos e alunas.
 

  A exposición “ART NATURA”, promovida por ADEGA, os concellos de Lugo e Santiago e as Consellarías de Medio Ambiente e Cultura, inaugurarase na cidade luguesa o vindeiro día 21 de maio, luns, ás 5 da tarde no Centro Social e Cultural Uxío Novoneyra.
  A mostra intenta ser unha actividade itinerante por todo o territorio de Galiza en defensa da Rede Natura galega e en defensa do Patrimonio Natural galego en xeral.
  Lugo é a terceira cidade na que se expón “Art Natura”, tras Santiago e O Carballiño, onde tiveron unha boa acollida. Participan nela máis dun cento de artistas galegos con 102 obras plásticas, 28 literarias, e 2 audiovisuais, e entre elas, hai máis dunha vintena de obras pertencentes a autores e autoras da provincia de Lugo.
  A exposición estará aberta ao público desde o 21 de maio até o 14 de xuño, de 4 da tarde ás 9 da noite.
Por outra parte, os centros educativos que o desexen poderán concertar visitas guiadas para os seus alumnos e alumnas que, posteriormente, participarán nun concurso de debuxo inspirado nunha temática ambiental co resto dos centros educativos galegos. O horario de visita para os colexios será das 10 ás 14 horas da mañá.
  Os teléfonos de contacto para os interesados/as en concertar visitas ou mercar algunha das obras que estarán á venda son o 982240299 ou 669262484.

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega