Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Lugo arrow Campaña pola declaración do Courel como Parque Natural
Campaña pola declaración do Courel como Parque Natural Imprimir E-mail
ccourel.gifO Courel é o territorio de maior biodiversidade e xeodiversidade da Galiza. Polos seus valores naturais e culturais foi declarado Espazo Natural en 1989. Está incluído na Rede Natura 2000. Pero isto non abondou para impedir a inmensa desfeita ambiental e cultural que se está levando a cabo en toda a comarca, con danos irreparábeis aos veciños, aos ecosistemas fluviais, aos elementos culturais, á paisaxe, á flora e fauna... PAREMOS XA ESTA DESFEITA!

Clica na imaxe para acceder ao vídeo realizado por Luar na Lubre sobre o Courel como apoio á campaña:videoterra.jpg

Se queres participar nesta campaña podes facelo descargando eiquí follas de sinaturas:

 
Através dunha campaña de recollida de sinaturas dirixidas ao presidente da Xunta de Galiza solicitamos:

1.)- Que se declare O Courel Parque Natural de inmediato, incluíndo como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor-Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre ao territorio conformado por todas elas de todo tipo de impactos e concesións incompatíbeis, como canteiras, parques eólicos, centrais hidroeléctricas, ...

2.)- Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor que se descualificou no 2004, deixándoa fóra do Espazo Natural e deixando este territorio partido en dous, impedindo a súa función como corredor biolóxico que une os Ancares e o Canón do Sil, tamén dous espazos da Rede Natura.

3.)- Que se destine ao Parque Natural do Courel o orzamento suficiente para a dotación de servizos públicos aos/as veciños/as; para a total recuperación ambiental e da paisaxe tradicional; para a recuperación de todos os elementos etnográficos, arquitectónicos e da cultura en xeral; e para o Plano de Desenvolvemento Sustentábel correspondente.

4.)- Que se habiliten os instrumentos axeitados para que os/as veciños/as participen na xestión do Parque Natural e para que sexan os principais beneficiarios/as da creación do emprego relacionado coa xestión e conservación deste espazo.


Imprime nun folio o documento que podes descargar máis arriba, asínao, e se podes recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos, se o tes a ben:
  • Se vas recoller moitas sinaturas imprímeo polas dúas caras. Recorda que todos os folios deben levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras. (Debaixo de “Ao Presidente da Xunta de Galicia” pon en letra pequena “Envíeselle copia á Presidenta do Parlamento e a cada unha das Consellerías da Xunta” , isto non é para que o fagas ti, iso é para que o fagan dende Presidencia)
  • Sácalle unha copia a cada folio coas sinaturas, entrega o orixinal nun Rexistro Público e que che selen a copia. Se son varios documentos teñen que selarche cada unha delas e as correspondentes copias Podes acudir ao Concello, Subdelegación do Goberno, Delegación do Goberno, Correos, Xunta, Gobernos Autónomos, Embaixadas de España, Consulados, etc.
    Se non tes tempo de ir ao rexistro podes remitilas por correo postal ao local de ADEGA Lugo, Ronda das Fontiñas nº 180, entrechán, 27003 - Lugo. E xa facemos nós a entrega no rexistro público.
  • A copia-resguardo selada no rexistro, se fas o favor mándanola por correo a este enderezo (Se tes tempo, mellor certificada): Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo. 
  • Non estaría mal que te quedaras cunha fotocopia da copia-resguardo, para que poidas, se queres, facer un seguimento do teu documento dentro da Administración, ou para recordo da “campaña”.
  • Non fai falla que te propoñas metas moi ambiciosas, mellor rexistrar menos e axiña que dilatar moito a tarefa. Ademais sempre poderás reiniciar o traballo de novo, se tes ocasión. 
  • A campaña durará até o 21 de xullo de 2007, o resultado final farémolo público nos medios de comunicación. O Acto de entrega de sinaturas ao Presidente da Xunta terá lugar o propio 21 de xullo de 2007
 
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega