Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Últimas novas arrow Nova sección de ADEGA-vídeos. Participa!
Nova sección de ADEGA-vídeos. Participa! Imprimir E-mail
adegavideos2.jpg11 de abril de 2007. Abrimos unha nova sección para difundir en formato vídeo cuestións ambientais e actividades de ADEGA: experiencias, proxectos, denuncias..., mediante unha coñecida plataforma de difusión de vídeos na rede. Se tes algún vídeo de interese contacta connosco através do . En ADEGA valoraremos a oportunidade de colgalo nesta sección, para difundir o asunto ou problema ambiental que queiras amosar ao mundo.
 

vquilmas.jpg5 de marzo de 2008. Imaxes do derradeiro vertido da piscifatoría de Stolt Sea Farm en Quilmas (Carnota). Os compañeiros/as da Plataforma de Quilmas amósannos o día a día dunha actividade pretendidamente sustentábel: a acuicultura industrial. Contaminación orgánica (milleiros de toneladas de piensos), produtos químicos e antibióticos van parar directamente a un dos litorais máis ricos e produtivos do país. E iso que esta instalación é unha das poucas que conta coa certificación ambientai ISO 140001. Como estarán as demáis!
GOVERNE QUEN GOVERNE, QUILMAS NON SE VENDE!


videocamelle.jpg14 de xaneiro de 2008. Manifestación contra o Plano Acuícola en Camelle, o pasado 30 de decembro. Milleiros de persoas démonos cita aló para denunciar po salvaxe atentado contra a costa que supoñen as piscifatorías de Camelle e Arou, que ocuparán conxuntamente máis de 300.000 m2 de litoral virxe. Pola túa costa, polo teu mar, NON AO PLANO ACUÍCOLA. Camelle NON SE VENDE nin por 5€ nin por 50€ o metro.
 
 

aguinho.jpg7 de xaneiro de 2008. Vídeo do acto do 4/1/2008 en Aguiño, organizado pola Confraría de Aguiño e a asociación Sagres. Tratouse de avaliar o traballo feito durante a catástrofe do Prestige e os impactos da marea negra na comarca así como de informar sobra a nova marea gris de cemento e formigón que ameaza esta costa: unha macrodepuradora de 20.000 m2 e unha piscifatoría de 50.000.
 
 

merexonsv.jpg18 de decembro de 2007. Reportaxe sobre a cadea humana do pasado 16 de decembro en Merexo (Muxía). Máis de 2.000 persoas entre veciñanza e ecoloxistas, xuntámonos en Merexo (Muxía) na cadea humana e a manifestación en defensa do litoral organizada pola Plataforma Veciñal de Merexo. Entre todos/as esixímoslle á Xunta a retirada do nefasto Plano Acuícola. Mais esta non será a derradeira mobilización: a loita continúa en Camelle o vindeiro 28 de decembro. GALIZA NON SE VENDE, FÓRA O PLANO ACUÍCOLA!
 

minas.jpg17 de decembro de 2007. O documental As Catedrais do silencio está producido pola Asociación Xuvenil para o Estudio da Natureza (AXENA). O principal escenario son as Minas de Lampón (Boiro), un complexo labiríntico con varios niveis de galerías e enormes espazos interiores. Alí está a saramaganta e outras especies da fauna cavernícola galega, descoñecidas para o grande público. O documental denuncia a difícil situación da mina, afectada polas obras de ampliación da autovía do Barbanza provocando o derrube de pozos e soterrando en vida especies en perigo de extinción. 

corr.jpg27 de novembro de 2007. O domingo 4 de novembro, milleiros de persoas démonos cita en Corrubedo para defender a costa da barbarie depredadora das transnacionais do peixe que queren ocupar máis de 3 millóns de m2 dos nosos espazos costeiros millor conservados. Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. Velaí nvai unha montaxe con algúns cromos do acto. Clica na imaxe.
  

mira.jpg22 de novembro de 2007. Vídeo da TVG da acción de protesta conxunta ADEGA-Quercus ante a desfeita ambiental provocada pola construcción dunha macroplanta acuícola de Pescanova en Praia de Mira (Distrito de Coimbra). Na visita puidemos comprobar o grave impacto ambiental consistente no aterramento dunha enorme estrada en zona de duna vexetada con piñeiros así como a destrucción de 80 hectáreas de piñeiral sobre campo areoso, en plena Rede Natura.
  

muxia.jpg22 de novembro de 2007. Imaxes da protesta contra o Plano Acuícola acontecida o pasado día 15 de novembro en Muxía, coincidindo co Consello da Xunta. Alí démonos cita membros de ADEGA e representantes das plataformas de afectados/as por este plano fortemente insustentábel, para facer ver á Xunta que o litoral NON SE VENDE. POLA NOSA TERRA, POLO NOSO MAR, NON AO PLANO ACUÍCOLA!
  

vert.jpg12 de novembro de 2007. Veciños/as de Sabarís denunciaron ante o SEPRONA vertidos de augas fecais e deterxentes dentro do LIC A Ramallosa, parte da Rede Natura 2000, no Concello de Baiona.
Grazas a valminor.info pola información e o vídeo dos verquidos. lembrade que podedes enviar os vosos vídeos ao enderezo electrónico de ADEGA para que os incluamos nesta sección ou publicitemos a ligazón.
  

bando_1.jpg7 de novembro de 2007. Paseo polo Refuxio de Animais de Bando coas Dover dando tralla. Escóitao con volume!!. Grazas Andrés Duro e compaña! O refuxio de Bando é unha instalación dependente do Concello de Compostela que se mantén grazas ao traballo solidario de voluntarios/as que adican parte do seu tempo ao coidado dos animais abandoados. Anímate a colaborar!. Para máis información clica: REFUXIO DE BANDO
 

moa_1.jpg12 de outubro de 2007. Imaxes do roteiro polo Pindo dende Quilmas (Carnota) organizado pola Plataforma veciñal pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas coa colaboración de ADEGA. Pretendiamos chamar a atención sobre o impacto que neste espazo senlleiro da nosa costa, parte da Rede Natura 2000, podería ter a ampliación de 250.000 metros cadrados da piscifatoría de Stolt, prevista no Plano Acuícola da Xunta. Grazas aos compañeiros de Quilmas pola súa acollida e ánimo na súa loita que é a nosa. Créditos do vídeo: Josiño e Tomás.

biosfera1.jpgbiosfera2.jpg3 de agosto de 2007. Este vídeo (partes 1 e 2), realizado pola RTP (programa Biosfera) pretende amosar a realidade dos macroproxectos de acuicultura en Galiza e Portugal. Son instalacións de alto impacto ambiental, grande carga contaminante e moi baixa xeración de postos de traballo. Os créditos son propiedade da RTP. Grazas ao programa BIOSFERA pola súa implicación e aos compañeiros/as da Quercus.

quilmas2.jpg31 de xullo de 2007. O sábado 21 de xullo centos de persoas manifestámonos contra a ampliación da piscifatoría de Quilmas (Carnota) exemplo dun Plano Acuícola fortemente insustentábel. Organizacións ecoloxistas como ADEGA, Amigos da Terra, o Comité Cidádán de Emerxencia de Ferrol, o Comité en Defensa das Rías Altas, Greenpeace, a SGHN e Verdegaia, colectivos sociais como Salvemos Monteferro e as plataformas de Seráns e Corrubedo ímonos coordenar contra un Plano Sectorial que pretende hipotecar o noso litoral aos intereses das transnacionais do peixe. A MILLOR PISCIFATORÍA, O MAR DE GALIZA!

pombinho2.jpg27 de xullo de 2007. Co lema "Alto á barbarie do tiro ao pombiño na Toxa" o pasado 14 de xullo celebrouse unha concentración de protesta polo masacre de 30.000 pombiños e para pedir o estrito cumprimento das leis de protección dos animais. A caza do pombiño é unha práctica lamentábel xa que existen alternativas viábeis como o tiro ao prato que non danan ningún animal. Para este "deporte" córtanlles aos pombiños as plumas da cola para teren un voo máis torpe e que resulte máis fácil masacralos. Na Toxa violouse, co beneplácito da administración, a Lei galega de Caza e o seu regulamento.

logolobican.jpg18 de xullo de 2007. Este vídeo realizado por ADEGA (grazas Josiño) para a Asociación de Protección Animal ABEIRO, pretende sensibilizar á cidadanía sobre os abandonos, máis frecuentes en datas de verán. Esta conduta reflicte o pior do ser humano, que non ten remorsos en abandonar a un membro da familia. Da outra banda están as persoas solidarias e responsábeis que colaboran adoptando un animal, como estes do Refuxio de Bando, en Compostela. Grazas a Ruxe-Ruxe polo seu tema "Lobican".
 

videoterra.jpg13 de xuño de 2007. O Courel é o territorio de maior biodiversidade e xeodiversidade de Galiza. Polos seus valores naturais foi declarado Espazo Natural en 1989. Está incliodo na Rede Natura 2000, pero isto non impediu a inmensa desfeita ambiental e cultural que se está a producir en toda a comarca con danos irreparábeis aos veciños/as, aos ecosistemas fluviais, aos elementos culturais, á paisaxe, á flora, á fauna... PAREMOS XA ESTA DESFEITA! Clica na imaxe ir ao vídeo de Luar na Lubre sobre o Courel como apoio á campaña.
 

pr_1.jpg21 de abril de 2007. O Proxecto Ríos de ADEGA pretende sensibilizar e comprometer á poboación na protección e conservación dos ríos galegos. Entre as múltiples actividades que desenvolvemos, está a Educación Ambiental na que colaboran numerosos centros de ensino. Neste vídeo, realizado e emitido pola TVG, alunos e alunas do CEIP Raíña Fabiola de Compostela avalían o estado do río Sarela. Agradecemos ao noso compañeiro Josiño, a súa inestimábel colaboración na edición deste vídeo.
 

mourelat.jpgmourelac.jpg17 de abril de 2007. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes coidamos que as administracións deberían facer todo o posíbel para conservar o Círculo Lítico da Mourela. Por iso presentamos un proxecto para evitar a consumación da desfeita. Trátase dun túnel que, aproveitando os desmontes xa feitos, pasaría baixo o conxunto megalítico. ADEGA e a Plataforma coidamos que sería un erro imperdonábel non considerar sequera esta alternativa. É obriga das administracións tentar harmonizar a conservación do noso patrimonio co desenvolvemento económico e social. Niso consiste o desenvolvemento sustentábel. O contrario suporía perpetuar as políticas depredadoras e insolidarias das que en Galiza en xeral e nas Pontes en particular xa tivemos dabondo.
 

fixoniagal.jpg10 de abril de 2007. Esta primavera ADEGA promoveu un importante proxecto de reforestación con árbores autóctonas no Barbanza, un dos entornos máis afectados polo lume. Para isto contamos coa colaboración da Comunidade de Montes de Sta. Cruz de Lesón, a empresa IMC Cosmetics-Fixonia que aportou parte do financiamento, e o dispositivo de voluntariado en defensa do monte de Vicepresidencia. Este proxecto vai ter continuidade nos vindeiros anos e quere exemplificar que é posíbel outra política forestal con criterios de sustentabilidade e xustiza social.
 

vertidolira.jpg2 de abril de 2007. A maioría das piscifatorías da costa galega carecen de permiso de vertido, isto é, ninguén controla a calidade dos seus efluentes. As empresas do sector amosan un panorama idílico: din que os vertidos teñen millor calidade que a auga do mar!? A realidade é outra: altas cantidades de materia orgánica, produtos químicos, antibióticos... No vídeo recollemos os vertidos da planta de Stolt en Lira, ubicada na Rede Natura, unha industria que quedará empequenecida polas macropiscifatorías do novo Plano Acuícola, que verterán centos de millóns de m3 sen depurar ao mar.
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA