Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de Educación Ambiental arrow Campaña de aforro de papel nos buzóns. Listas Robinson
Campaña de aforro de papel nos buzóns. Listas Robinson Imprimir E-mail
robinson.jpgA publicidade invade a nosa vida: publicidade no buzón, publicidade no correo electrónico, por teléfono, na televisión, etc. Coa chegada do nadal, o mes do consumo por excelencia, esta multiplícase. Folletos para os agasallos dos nen@s, revistas coas comidas típicas de nadal... enchen os nosos buzóns e sobre todo despilfarran grandes cantidades de papel que ninguén solicitou. Tamén o resto do ano, co gallo do Día de... vóltanse a incrementar os episodios de bombardeo publicitario. Dende ADEGA propoñémoste varias opcións: que te adhiras ás listas ROBINSON e/ou baixes da nosa web unha pegatina pra colar no teu buzón.
 

    A publicidade é unha realidade cada vez máis presente na nosa sociedade que ten diferentes consecuencias sociais, económicas e ambientais. A publicidade incide directamente nos modos de comportarse, ten un enorme poder de persuasión, e é capaz de facer as persoas mudar de costumes e levalos a un consumo irresponsábel. De feito a publicidade é un enorme negocio que move miles de millóns de euros anualmente. Como consecuencia mudamos obxectos todavía úteis e con moita vida por outros que simplemente son “a novidade” ou “o último”, eliximos marcas e non produtos, sen pensar onde se produciron, como ou en que condicións, etc. o que ten unhas implicacións sociais, económicas e ambientais considerabeis.

    Outra consecuencia da publicidade é a saturación dos nosos buzóns con centos de folletos e revistas de todos os tamaños e cores, o que supón a maiores das problemáticas anteriormente citadas, unha incomodidade, xa que estamos a recibibir unha información que non solicitamos e un gasto de papel que nunha grande maioría das veces remata na papeleira sen ser vista. Algunhas cifras apuntan un incremento anual da publicidade que chega aos nosos buzóns nun 20% e se calcula que un 44% desa propaganda nin se abre ou non se le.

    Publicidade e medio ambiente

    A publicidade ten hoxe diferentes corpos, e esta pode chegar ao noso domicilio ou empresa por diferentes medios, cartas, televisión, correo electrónico, teléfono, etc. Cada un destes formatos ten as súas peculiaridades, as suas vantaxes e inconvintes. A publicidade vía correo electrónico ten a vantaxe de aforrar papel, pero é tal a sua cantidade que pode chegar a colapsar os buzóns dos computadores, e por iso que esta práctica está prohidida e cada vez a lexislación é máis dura e restrictiva.

    No estado español, existe un abuso da publicidade nos distintos medios nos que esta se pode presentar. Así, a Comisión Europea advertiu varias veces a España de levala ante o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo se non respetaba a Directiva de Televisión sen Fronteiras, polo exceso de publicidade nas cadeas de televisión. A Comisión estudou en dous períodos do ano a programación e detectou infraccións graves e repetidas nos niveis de publicidade. Estas infraccións eran referidas aos níveis máximos de audiencia –sobrepasados- así como aos cortes publicitarios non permitidos durante a programación.

    A publicidade en soporte papel contribúe en grande medida á fracción de lixo asimilable ao papel. Este gasto que non solicitamos como cidadáns, supón unha molestia así como un gasto innecesario. A meirande parte desta publicidade soe presentarse en papeis moi caros, papeis satinados, plastificados, blanqueados con cloro, etc, o que implica unha dificultade no seu reciclado, cando na súa grande parte poderia ser en papel reciclado e recicláblel.

    Outras consecuencias da saturación de publicidade, ademais das apuntadas, son as seguintes:
-colapso do buzón
-en caso de viaxe, aviso de ausencia para posibles cacos

    As listas Robinson

    As listas Robinson son un sistema que permite aos consumidores eliminar o seu nome e o seu enderezo dos listados publicitarios co obxectivo de reducir a cantidade de publicidade personalizada que recibe no seu domicilio, as coñecidas como listas de exclusión. No estado español este sistema o promove a FECEMD. Este servizo existente noutros paises foi creado en 1992 pola Federación de Comercio Electrónico e Marketing Directo coa finalidade de que calqueira cidadán se poida borrar das listaxes de publicidade empregado polas empreas desta federación (apoximadamente o 90 por cen das que se adican a publicidade directa).

    No estado español son xa 30.000 persoas inscritas nas listas Robinson e cada trimestre a cota se incrementa nus 500 afiliados.

    En Europa e outras zonas do estado como Cataluña existen concellos que reparten pegatinas para colar nos buzóns, donde se pode ler, “¿publicidade?, non grazas”, “stopublicidad” ou “non metas propaganda” entre outras consignas.

    Igualmente quen o desexe pode facer que lle chegue a sua casa publicidade especializada. Nas denominadas Listas de Preferenzas se poden inscribir aquelas persoas que voluntariamente desexen recibir máis publicidade, especificando os ámbitos nos que está interesada/o; viaxes, deportes, fotografia, etc.

    Habitualmente as listas Robinson son empregadas pola cidadania en xeral e as Listas de Preferencias por profesionais especializados de diversos sectores.

    A situación na Unión Europea

    En todos os paises pertencentes a Unión Europea, regulouse legalmente o dereito dos consumidores e consumidoras a poder expresar a sua vontade de non recibir comunicacións comerciais. A situación é moi diferente nos paises da unión, así, cando unha empresa deseña unha campaña a nível internacional de marketing os seus responsábeis deberían coñecer a situación de cada un deles. En paises como Grecia e Italia son moi respectuosos coas cuestións referidas á protección dos consumidores e contan con listas Robinson para todos os canais de comunicación (mailings, teléfono, fax, email e sms). Os consumidores menos protexidos son os de Dinamarca, Polonia, Portugal e o estado español, donde soamente hai listas contra os mailings por correo convencional.

    Non participes no desbaldimento de recursos. Actúa !!!

    ADEGA, como no seu momento o teñen feito organizacións de consumidores, etc, denuncia o feito de que para que alguén non reciba publicidade deba ter que inscribirse nun rexistro cando debería ser ao contrario.

    ADEGA demanda das administración posturas decididas e comprometidas cos cidadáns e o medio ambiente, aplicando normativas ou ordenazas municipais que incidan na reducción da publicidade.

    Á Xunta de Galiza demandámoslle a redacción de normativas que incidan no control e reducción de publicidade. Un exemplo poderia ser o encarecemento dos envíos masivos: correos ofrece prezos económicos especiais para facilitar o envio de grandes cantidades de propaganda ás grandes empresas. Un encarecemento desas tasas reduciría os envíos.

    Os concellos poderían elaborar ordenanzas municipais que vaian polo mesmo camiño, reducción da publicidade ou recepción da mesma sempre que o desexe e solicite o consumidor e non ao contrario.

    ADEGA pensa que as mesmas empresas poderían traballar nesta liña, xa que eles deberían ser as principais interesadas. Un reparto máis eficaz da publicidade podería aforrarlles o gasto de perto do 44 % de folletos ou revistas que van ao lixo así como a mala imaxe de ser unha empresa pouco preocupada polo medio ambiente, e en concreto polo desbaldimento de papel procedente de recursos naturais. Por outra banda ADEGA demandalle as empresas un maior compromiso co medio, xá que poderían dar exemplo facendo as impresións da sua publicidade en papel reciclado, incitando a súa reciclaxe e a reducir a cantidade de resíduos xenerados.

    ADEGA proponlle, a cidadanÍa, comunidades de veciños, asociacións de consumidores, etc, que actúen na liña indicada sumándose a esta campaña, ben a nível individual ou colectivo.

    Contra o buzoneo directo

    ADEGA ven de editar unha pegatina que repartirá gratuitamente aos seus socios/as e a calqueira cidadán que se queira sumar a esta iniciativa. Aquelas persoas, negocios, comunidades de veciños/as que o desexen poden descargarse a pegatina de eiquí e facer impresións para colar nos seus buzóns.

    Comunica esta proposta a tua asociación de veciños ou a comunidade de edificios

    Contra o correo-mailing, afíliate a unha lista Robinson e sobrevive sen publicidade!. Podes sumarte as listas (e sacarte do mercado da publidade lixo) por internet. Se decides facelo, accede á páxina web da federación (www.fecemd.org), tes un formulario de afiliación ás listas Robinson. Nun prazo máximo de seis meses deixase de recibir a publicidade personalizada.

    Esta inicaitiva enmárcanse dentro da campaña “Deamos o primeiro paso: entidades galegas pola reducción de residuos" que dende a FEG e ADEGA, e outros colectivos estase a impulsar, para a reducción do lixo, lixo que está directamente relacionado co consumo e no caso do papel coa publicidade impresa.


< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega