Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Últimas novas arrow 27 piscifatorías galegas, algunhas con anos de funcionamento, carecen aínda de permisos de vertido
27 piscifatorías galegas, algunhas con anos de funcionamento, carecen aínda de permisos de vertido Imprimir E-mail
vilan.jpg15 de novembro de 2006. En setembro ADEGA tivo que recorrer ao Valedor do Pobo para coñecer que a piscifatoría de Stolt en Cabo Vilán non dispuña de permiso de vertido, tras 5 anos aberta na Rede Natura. Interesámonos tamén polo estado das demáis piscifatorías e a información de Augas de Galiza resultou sorprendente: nada menos que 27 piscifatorías na bacía de Galiza-Costa carecen aínda de autorización de vertido, algunhas con máis de 10 anos funcionando. Entre elas, hai instalacións da propia Consellería de Pesca.
 

A situación non deixa de ser sorprendente xa que o permiso autonómico que debe solicitarse a Augas de Galiza ten que concederse con anterioridade á licenza municipal de obras. En ADEGA preguntámonos cómo é posíbel que unha instalación industrial poida levar anos funcionando sen que ninguén lle teña marcado os límites legais para as súas emisións contaminantes.baio.jpg
As augas que se verten provintes do circuito dalgunhas piscifatorías, millóns de metros cúbicos ao ano, teñen unha alta carga orgánica e poden levar disoltos antibióticos usados para tratar as enfermidades dos peixes, alén doutos produtos químicos para a limpeza dos tanques, etc. Nalgúns casos, a única medida de “depuración” á que se someten os efluentes é unha malla metálica de 1 milímetro de paso. Estes datos proveñen da documentación oficial do estudo de impacto da piscifatoría de Piñeira, en Ribadeo, que se atopa en tramitación.lira.jpg
ADEGA non se posiciona en contra das piscifatorías. Pero estas instalacións, aliás de dimensionadas e integradas no medio, non deben ser insustentábeis e contaminantes. E alén disto, deben cumprir a lei e ter todos os permisos en regra coma calquera outra empresa ou instalación. É responsabilidade das administracións vixiar polo cumprimento da lexislación que como a Lei de Calidade das Augas das Rías, persegue garantir a calidade das nosas augas e de paso o futuro das actividades tradicionais como a pesca e o marisqueo.
A actidude de desleixo que Augas de Galiza ten a este respeito é impropia dunha administración que debe salvagardar os intereses públicos e vixiar polo medio acuático galego por riba de calquera interese privado. A permisividade e ineficacia amosada por este organismo neste e noutros casos lévanos a solicitar a demisión do Presidente de Augas de Galiza.
 
LISTADO DE PISCIFACTORÍAS CON EXPEDIENTE DE AUTORIZACIÓN DE VERTIDO EN TRÁMITE (Fonte: Augas de Galiza):
 

Titular da instalación

Concello

GRUPO TRES MARES S. A.

CEE

JUAN QUEIRO QUEIRO

LOUSAME

JUAN QUEIRO QUEIRO

TORDOIA (2)

JUAN QUEIRO QUEIRO

VILA DE CRUCES

STOLT SEA FARM S. A.

CAMARIÑAS

STOLT SEA FARM S. A.

CARNOTA (2)

STOLT SEA FARM S. A.

MUXÍA

STOLT SEA FARM S. A.

RIBEIRA (2)

INSUÍÑA S. L.

MUXÍA

AMPARO VÁZQUEZ TRIGO

ORDES

HERMANOS FARIÑA ANDRADE S. L.

VIMIANZO

HERMANOS FARIÑA ANDRADE S. L.

CERCEDA

ISIDRO DE LA CAL FRESCO S. L.

FOZ

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS – DIR. XERAL DE RECURSOS MARIÑOS

O VICEDO

PISCIFACTORÍA TROITAS MIRANDA

BARREIROS

INSUA MAR S. L.

XOVE (3)

INSUÍÑA S. L.

RIBADEO

TRUCHAS DEL UMIA S. L.

MORAÑA

AQUACRÍA AROUSA S. L.

CAMBADOS

FACTORÍA ALESA 72 S. L.

ILLA DE AROUSA

PISCIFACTORÍA DE CASTRO

VIMIANZO

MARCULTURA S. A.

NEDA

 
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA