| Ceibar visóns americanos é un atentado contra a nosa fauna |
|
|
20 de outubro de 2009. ADEGA expresa o seu rexeitamento á recente solta de visóns americanos, feito que nada ten que ver coas actitudes ecoloxistas. Estas accións, presuntamente realizadas por grupos de "liberación animal", aliás de facer un fraco favor aos animais que se pretende ceibar -morrerán o 98%-, afectan gravemente á nosa fauna autóctona e de paso, deterioran a imaxe do ecoloxismo. Este non é o xeito de loitar contra a explotación intensiva dos visóns por parte da pelexería de luxo, que tamén deploramos. ADEGA aposta pola educación ambiental e a concienciación social para reducir a demanda destes infames produtos.En Galiza, temos ampla experiencia coa introducción de especies foráneas que acaban competindo e desprazando ás autóctonas. Eucaliptos, acacias, cangrexos americanos, peixes e mesmo algas, poden causar graves danos nun ecosistema que non é o seu e no que non atopan predadores nen competencia, arredando ás poboacións locais. O visón americano (Mustela vison) é unha especie carnívora que apareceu en Europa nos anos 50 como consecuencia das fugas de explotacións para a industria pelexeira de luxo. Aparentemente son poucos os factores que ameazan esta especie xa que se expandiu rapidamente por Europa, principalmente en Inglaterra, que hoxe ocupa na totalidade. A súa presenza tivo efeitos negativos na fauna autóctona, principalmente nas especies coas que partilla os habitats acuáticos (visón europeo, lontra, furón, marta, rata de auga etc.), así como sobre as poboacións de peixes e paxaros. Os danos a especies ameazadas ou en perigo de extinción, caso do Parque Nacional das Illas Atlánticas, constitúen unha auténtica catástrofe ecolóxica.Accións coma esta só reflicten a irresponsabilidade dalgúns grupos autodenominados de "liberación animal", que só conquiren que sexa a fame ou os coches os que acaben coa vida destes animais, aliás de poñer en perigo o precario equilibrio ecolóxico duns ecosistemas por certo moi castigados polo lume. Nestas condicións, a solta de 35.000 visóns nun medio con poucos recursos e coas poboacións faunísticas mermadas pola vaga de lumes deste verán só pode cualificarse de atentado ecolóxico. ![]() Finalmente, ADEGA recomenda á poboación que avisen aos servizos de emerxencia do 112 para que técnicos da administración axuden a retirar os exemplares vivos. A este respeito, a Consellería de Medio Ambiente debería tomar medidas para controlar de xeito máis estrito as actividades destas granxas, fonte de risco biolóxico para o medio, así como para millorar as condicións de vida destes animais e dificultar a súa introducción no entorno. No entanto, depende de todos e todas rexeitar determinadas prácticas denigrantes da industria pelexeira de luxo, obxectivo que ADEGA pretende conquerir pola vía da educación ambiental, a reflexión e a concienciación social, en troques destas accións irresponsábeis que ademáis deterioran a imaxe do movemento ecoloxista. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

20 de outubro de 2009. ADEGA expresa o seu rexeitamento á recente solta de visóns americanos, feito que nada ten que ver coas actitudes ecoloxistas. Estas accións, presuntamente realizadas por grupos de "liberación animal", aliás de facer un fraco favor aos animais que se pretende ceibar -morrerán o 98%-, afectan gravemente á nosa fauna autóctona e de paso, deterioran a imaxe do ecoloxismo. Este non é o xeito de loitar contra a explotación intensiva dos visóns por parte da pelexería de luxo, que tamén deploramos. ADEGA aposta pola educación ambiental e a concienciación social para reducir a demanda destes infames produtos.
O visón americano (Mustela vison) é unha especie carnívora que apareceu en Europa nos anos 50 como consecuencia das fugas de explotacións para a industria pelexeira de luxo. Aparentemente son poucos os factores que ameazan esta especie xa que se expandiu rapidamente por Europa, principalmente en Inglaterra, que hoxe ocupa na totalidade. A súa presenza tivo efeitos negativos na fauna autóctona, principalmente nas especies coas que partilla os habitats acuáticos (visón europeo, lontra, furón, marta, rata de auga etc.), así como sobre as poboacións de peixes e paxaros. Os 

