Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Últimas novas arrow Día Mundial das Aves: saída de observación
Día Mundial das Aves: saída de observación Imprimir E-mail
garza_1.jpg4 de outubro de 2006. Este domingo día 8, ADEGA celebra o Día Mundial das Aves cunha SAÍDA ORNITOLÓXICA AO COMPLEXO ONS-OGROBE. Poderemos avistar algunhas das interesantes especies que habitan este espazo natural do Salnés, parte da Rede Natura galega, recentemente amezado polo vertido químico ao Umia. Quedaremos o domingo 8, ás 9:30 h fronte á sé nacional de ADEGA, diante da estación de buses de Compostela. Cómpre levar comida, roupa axeitada e algún instrumento de observación, alén dos que fornecerá ADEGA. Asistenza gratuíta! Apontarse no 981570099 ou
 

PLANO DA EXCURSIÓN: Saímos de Compostela sobre as 10 h para chegar por volta das 11:00 h ao esteiro do río Umia en Cambados, coa maré baixa, onde veremos aves como gaivotón (Larus marinus) ou gabitas (Haematopus ostralegus), ademais de parulos, garzas e limícolas.
Logo, visitaremos as barreiras de Rouxique, Sanxenxo, para ver aves de lagoa, nomeadamente galiñolas (Fulica atra), mergullóns (Tachybaptus ruficollis) e parrulos. Pasearemos polos campos de Rouxique na procura de paxariños e logo iremos até a Lanzada para ver o mar e localizar, se hai sorte, mascatos (Morus bassanus), pentumeiros (Melanitta nigra) e pardelas baleares (Puffinus mauretanicus).
 
Comeremos no istmo da Lanzada rodeados dun contorno privilexiado (plantas dunares interesantes como atractivo engadido) e pasaremos a tarde vendo os cullereiros (Platalea leucorodia), falcóns peregrinos (Falco peregrinus), limícolas, garzas, garcetas e parrulos na Enseada. Se hai tempo, visitaremos a Aula de Interpretación da Natureza da Siradella e confraternizaremos nalgunha cafetería ou bar local.
 
É posíbel que haxa mais xente doutros grupos na zona, principalmente SEO/Pontevedra, polo que será un grande convivio (dun día iso sí) en favor das aves galegas e da nosa Rede Natura litoral.
Voltaremos para Compostela arredor das 19 h).
 
Guía "aborixe": Cosme Damián Romai Cousido, ADEGA
 
Lembrade:
-Levar comida
-Roupa e calzado axeitado
-Material extra de observación (prismáticos...)
-Guías 
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA