Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Últimas novas arrow ADEGA personarase na causa xudicial polos vertidos ao Umia
ADEGA personarase na causa xudicial polos vertidos ao Umia Imprimir E-mail
umiam2b.gif4 de setembro de 2006. Xa dende o primeiro momento do accidente, ADEGA denunciou que a ubicación dunha empresa destas características, de alto risco para a saúde e o ambiente, na zona inundábel á mesma beira do río, multiplicou os impactos do vertido. Por iso, solicitamos que de ningunha maneira, se poida reanudar tal actividade na mesma ou similar ubicación. Aliás, ADEGA vaise personar como acusación particular no proceso xudicial aberto pola Fiscalía do TSXG trala catástrofe ecolóxica do Umia. Mentras, voluntarios/as de ADEGA seguen colaborando para salvar a fauna do río. Análises do vertido actualizadas (fonte CMA)
 

    ADEGA quere manifestar tamén a súa satisfacción ao coñecer as declaracións do Conselleiro de Medio Ambiente no sentido de non autorizar que se reanude esta actividade na ubicación actual: é de pura lóxica, pero tamén de estricta legalidade, dacordo coas limitacións de usos que a vixente Lei de Augas dispón para as zonas de policia e zonas inundábeis. Xa que logo, quén é o responsábel de ter autorizado esta actividade perigosa en semellante ubicación de risco?
    ADEGA tamén se congratula de que, tanto por parte da Consellería de Meio Ambiente como por parte da Fiscalía Ambiental, se teñan iniciado as actuacións legais pertinentes para clarexar os feitos e depurar as responsabilidades ambientais e penais derivadas deste suceso. A este respeito, dende ADEGA manifestamos a nosa intención de personarnos como acusación particular en calquer actuación xudicial derivada do accidente.
    Os voluntarios e voluntarias de ADEGA seguen colaborando na retirada de peixes das zonas que, a consecuencia da construcción dos diques de contención e depuración, quedaron con pouca auga e pouco oxíxeno, para trasladalos aos treitos de río sen contaminación. Se no día anterior se fixo unha recolleita selectiva a man, hoxe traballouse con pesca eléctrica para unha recollida máis completa. Mañán seguirá o mesmo dispositivo até conquerir que a totalidade da fauna piscícola quede a salvo nos treitos do Umia afectados pola construcción dos azudes.

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA