Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Lugo arrow Participa no novo programa de roteiros 2009-2010 de ADEGA-Lugo
Participa no novo programa de roteiros 2009-2010 de ADEGA-Lugo Imprimir E-mail
grupo_courel.jpgLugo, 21 de outubro 2009. Dende hai anos, ADEGA-Lugo organiza unha xeira mensual de roteiros  nos que temtamos combinar o obxectivo lúdico co reivindicativo: ao tempo que camiñamos, gozamos da natureza e coñecemos o noso país, procuramos que a nosa presenza sirva para mover conciencias, denunciar agresións ambientais, sobresaír o valor ecolóxico dos nosos espazos naturais e reclamar a súa protección. Esta nova xeira estará centrada na problemática ambiental do Camiño Primitivo.
 

foto_xures_2.jpgTendo en conta que nos atopamos ás portas da celebración do Xacobeo 2010, ADEGA Lugo propón realizar a maioría dos roteiros da vindeira tempada ao longo de varios treitos do Camiño Primitivo, uníndose así ao labor doutras organizacións no sentido de reivindicar unha maior protección dos seus valores históricos e ambientais, tanto por parte dos poderes públicos como da sociedade en xeral.

O coñecido como “Camiño Primitivo” é o primeiro camiño de peregrinación a Compostela do que se ten referencia. A súa orixe remóntase, segundo a tradición, á peregrinación levada a cabo polo rei Afonso II de Asturias no século IX, co fin de visitar a tumba do Apóstolo Santiago. Parte de Oviedo, entra en Galiza através do porto do Acivro, pasa por Lugo e enlaza en Melide co Camiño Francés.

Apesar de que esta ruta marca o inicio da cultura xacobea universal, e de que transcorre por lugares de alto valor histórico-etnográfico e ambiental que poñen de manifesto o equilibrio harmónico do home coa Natureza ao longo do tempo, o seu estado actual dista moito de ser o idóneo. Así, son múltiples os lugares nos que se evidencia, non só o abandono deste, senón tamén claras actuacións que alteran a súa riqueza, tanto no propio camiño como en zonas adxacentes: talas de masas arbóreas de gran interese ambiental, derrubo do muros laterais e perda doutras construcións cun importante valor etnográfico, destrución e/ou interrupción da propia calzada, etc.

Os roteiros terán, como sempre, unha periodicidade mensual. Para cada mes elixirase un treito (ou parte del) do Camiño Primitivo que resulte idóneo para poder axustar o mellor posible distintos parámetros: distancia a Lugo, duración das horas de luz ao longo do día, dificultade do tramo, etc.

A proposta completarase con rutas que transcorrerán por outros camiños históricos de diferentes lugares de Galiza.

Nota: o programa inicial queda suxeito a posibles modificacións, tanto no referente ás datas como ao itinerario, que serán comunicadas, como ven sendo habitual, oportunamente.

DATA                  ROTEIRO

25 de Out.     Serra do Iribio.

22 de Nov.     Eira da Xoana (Alto Ulla) 

20 de Dec.     Castroverde – Lugo 

24 de Xan.     Lugo – San Romao da Retorta (Guntín) 

21 de Febr.    San Romao da Retorta (Guntín) – Melide 

21 de Mar.     Parada Vella (A Fonsagrada) - Castroverde 

18 de Abril.    Parada Nova – Parada Vella (A Fonsagrada)

23 de Maio.    Grandas de Salime – A Fonsagrada

27 de Xuño.   Costa da Morte-Roteiro polo Xallas-ézaro

As saídas realizaranse con caracter xeral de diante da Escola de Maxisterio de Lugo (Av. de Ramón Ferreiro) ás 9 da mañá.

Anotádevos previamente chamando ao 679113718 (Mariluz) ou 982240299 (local de ADEGA-Lugo).

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA