Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Ourense arrow A LAT (Liña de Alta Tensión) Trives-Aparecida: relato dunha fraude política
A LAT (Liña de Alta Tensión) Trives-Aparecida: relato dunha fraude política Imprimir E-mail
notta.jpgEn Viana do Bolo, no 30 de setembro. A Plataforma NOTTA (www.notta.es) -NON AO TRAZADO TRIVES-APARECIDA- constituída nos concellos da Póboa de Trives, Manzaneda, Viana do Bolo, A Gudiña e A Mezquita oponse ao trazado da Liña de Alta Tensión Lubián-Zamora, que ten inicio en Trives e remate na Aparecida. A pesares de non terse formulado a correspondente Declaración de Impacto Ambiental e, polo tanto, non aprobarse trazado algún, a empresa promotora RED ELÉCTRICA ESPAÑOLA estivo negociando e adquirindo dereitos e servidumes para esta liña, o cal é tremendamente sospeitoso e denota que REE estivo actuando de mala fe.

Os razoamentos dunha fraude:

  • Porque o procedemento é totalmente inaceptábel desde o punto de vista da legalidade vixente ao ter a empresa decidido o trazado antes de terse formulado a correspondente Declaración de Impacto Ambiental.

  • Porque o Estudo de Impacto Ambiental é totalmente ilegal ao non contemplar os impactos sobre o patrimonio e non describir, nen cuantificar nen avaliar os impactos das alternativas de trazado non seleccionadas.

  • Porque o Estudo de Impacto Ambiental incumpre a Directiva 92/43/CEE e coa Lei 42/2007 ao afectar a Lugares de Importancia Comunitaria con hábitats prioritarios, sen antes xustificar que non poida haber ninguna outra alternativa de trazado nen explicar cais son as razois imperiosas de interese público que poidan xustificar tal afectación.

  • Porque, ademáis, como se advirte no Informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no Estudo de Impacto Ambiental nen están estudados todos os impactos que ocasionará o trazado (como son os de viais de acceso aos puntos de apoio dos que nada dice) nen existen as medidas compensatorias ás que obriga a Directiva 92/43/CEE.

  • Porque tampouco se tiveron en conta as afectacións á saúde pública, nen á recomendación da "Subdirección General de Sanidad Ambiental y Salud Laboral del Ministerio de Sanidad y Consumo".

     


ADEGA E A PLATAFORMA VECIÑAL NOTTA SOLICITAN QUE: se suspenda o actual trámite de autorización a Red Eléctrica de España, Sociedad Anónima a líña eléctrica aérea a 400 kV, dobre circuito, "Trives-Aparecida", nas provincias de Ourensee Zamora. Obrigando á empresa promotora á presentación dun novo Estudo de Impacto Ambiental no que se corrixan todas as deficiencias arriba sinaladas para continuar á tramitación, realizar un novo trámite de exposición pública.

O Estudo de Impacto Ambiental non permite coñecer se hai alternativas de trazado de menor impacto:

Describir, cuantificar e avaliar os impactos ambientais dos demais trazados non seleccionados resulta, neste caso, aínda máis necesario por canto que o trazado seleccionado afecta a varios espazos protexidos da Rede Natura 2000 con hábitats prioritarios:

Efectivamente, o trazado seleccionado afecta aos seguintes espazos da Rede Natura 2000:

• Ao LIC Macizo Central (ES1130002), na provincia de Ourense, ao que atravesa nun percorrido de 10.800 m, dende o PK-3+800 até o PK-14+600;

• Ao LIC de Pena Trevinca (ES1130007), en Ourense, ao que atravesa durante 6.050, dende o PK-14+600 até o PK-19+600 e dende o PK-26+200 até o PK-27+250;

• Ao LIC Riberas del Río Tuela e os seus afluentes (ES4190131), xa en Zamora, dende o PK-55+250.

Afecta, ademáis, este trazado ao LIC Pena Maseira (ES1130008), do que só pasa a uns 50 m de distancia, e á ZEPA de Pena Trevinca (en tramitación no momento da exposición pública e hoxe xa declarada a través do Decreto 131/2008 a Consellería de Medio Ambiente, DOG 27/06/2008) nun percorrido de 1400 m.

Nestes espazos protexidos resultan afectados diversos hábitats prioritarios e non prioritarios da Directiva 92/43/CEE.

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA