Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Últimas novas arrow Nova alerta por ensaios de transxénicos en Galiza: a cidadanía ten dereito a saber
Nova alerta por ensaios de transxénicos en Galiza: a cidadanía ten dereito a saber Imprimir E-mail
28 de xaneiro de 2009. Diante da ofensiva das transnacionais da biotecnoloxía para ensaiar os seus novos transxénicos en Galiza, ADEGA, membro da Plataforma Galega Anti-transxénicos, presentou alegacións perante o Ministerio de M. A... para non autorizar estes ensaios. Alén disto, e diante do escurantismo e a complicidade da administración co lobby dos transxénicos, temos solicitado ao departamento da Sra. Espinosa información sobre a ubicación exacta das parcelas nas que se pretende "liberar" millo transxénico (concellos de Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada). Convidamos á veciñanza destes concellos, asociacións e cidadanía en xeral a enviar esta Solicitude informacion TRANSX.doc SOLICITUDE (esp-614 KB), para non ficar inermes fronte ao risco destes ensaios.
 

Neste primeiro "ataque" do ano das transnacionais, son cinco os concellos galegos no punto de mira: Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada. Este último concello foi declarado en agosto de 2008 Zona Libre de Transxénicos (ZLT) por acordo do governo municipal.
Coidamos que nin o governo central nin o galego están asumindo a responsabilidade en materia de participación e consulta pública sobre estes ensaios. Os atrancos á iinformación e o escurantismo son constantes ao longo de todo o proceso de autorización dos OMXs: anuncios só por internet -atopábeis tras unha profunda procura nas "webs" do Ministerio-; descoñecemento do lugar exacto dos ensaios; retirada e dificultade para acceder á información relevante etc. Sen ir máis lonxe, a información que onte (27) se podía consultar sobre as solicitudes de ensaios máis recentes, foi hoxe (28) "despendurada" da web.
Salientar tamén a falla de consideración do proceso consultivo coas persoas afectadas, nomeadamente labregos/as, dada a calidade da conexión a internet e a complexidade informática do proceso. Non interesa nin a empresas nin a governos, informar á cidadanía sobre os riscos dos transxénicos, un dos primeiros chanzos cara a privatización do proceso de produción de alimentos e o seu control por parte das transnacionais, conculcando o dereito á soberanía alimentar dos pobos. Perante desta situación, ADEGA solicitará ao Ministerio coñecer a ubicación exacta mediante coordenadas xeográficas ou referencia catastral das parcelas onde se solicitaron os ensaios de liberación con códigos (B/ES/09/15; B/ES/09/18; B/ES/09/19; B/ES/09/20; B/ES/09/21; B/ES/09/22; B/ES/09/23; B/ES/09/24), correspondentes aos concellos de Arzúa, Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada.
 
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA