Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Últimas novas arrow Decepcionante e contraditorio acordo do Parlamento contra os transxénicos
Decepcionante e contraditorio acordo do Parlamento contra os transxénicos Imprimir E-mail
mocion1.jpgEste mércores 26 debateuse no Parlamento a declaración de Galiza como Zona Libre de Transxénicos. Finalmente aprobouse unha proposta transaccionada polos 3 grupos na que, alén de NON figurar a declaración de Zona Libre, recóllense compromisos ambiguos e mesmo contraditorios coa proposta. En concreto, o ponto 3 do acordo dí "Incentivar a investigación en biotecnoloxía e enxeñaría xenética"???. Se queremos pararlles os pés transxénicos, non poden saltar do laboratorio aos campos e aos pratos. Unha cousa é fomentar a investigación en vacinas e enfermidades xenéticas e outra "construir" eucaliptos transxénicos, resistentes ao glifosato (un potente herbicida), como está a facer agora a USC. Vídeo ANT
 

mocion2.jpgmocion3.jpg

Texto da moción aprobada polo Parlamento:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, no ámbito das súas competencias, non contemple a produción dos cultivos transxénicos destinados ao consumo humano e animal e, en consecuencia, a:

1. Incentivar as producións agrogandeiras tradicionais, de calidade e os cultivos ecolóxicos garantindo a súa máxima protección xenética e valores nutricionais, e impedindo a súa hibridación e/ou polinización por outros organismos modificados xeneticamente.

2. Establecer sistemas de identificación, control e rastrexabilidade dos produtos agrogandeiros que garantan información ao consumidor sobre a súa procedencia e método do cultivo e/ou crianza.

3. Incentivar a investigación en biotecnoloxía e en enxeñaría xenética.

4. Informar e formar a cidadanía, especialmente os profesionais do sector agrogandeiro en todos os aspectos e efectos relacionados cos OXM.

Texto da proposta da Plataforma Galega Antitransxénicos, da que fai parte ADEGA:

O Parlamento de Galicia apoia a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia zona libre de transxénicos na producción de produtos tanto destinados a alimentación humana como á animal e a súa participación nas accións da “Rede de Rexións europeas que se declaran libres de cultivos transxénicos”, a o igual que todas aquelas medidas orientadas ao establecemento de mecanismos para:

1. Impedir a produción na Galicia de cultivos modificados xenéticamente destinados a alimentación.

2. Desenvolvemento de normativas de protección de cultivos co obxectivo de outorgar a máxima protección aos cultivos ecolóxicos, as producións de calidade e as producións labregas.

3. Establecemento de medidas de identificación e control para garantir a rastrexabilidade dos produtos agroalimentarios.

4. Compromiso de facer publica a oposición desta Administración ao cultivo o aire libre comercial ou experimental de millo transxénico e doutras plantas xenéticamente modificadas e aos alimentos transxénicos, acordando.

5. Promover as xestións necesarias ao obxecto de garantir que nos establecementos dependentes da Administración para que progresivamente non se expendan ou sirvan comidas ou bebidas que conteñan entre os seus ingredentes OXMs ou os seus derivados.

6. Debater e informar publicamente a cidadanía dos efectos e causas que derivan dos organismos xenéticamente modificados.

7. Garantir a posta en marcha de mecanismos que aseguren o acceso na produción convencional para alimentación animal sen transxénicos.

8. Tomar todas as medidas necesarias para facer respectar este acordo, co compromiso de xestionar unha comisión conxunta de goberno e axentes sociais de cara a controlar o desenvolvemento da declaración.

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega