Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de ADEGA-Trasancos arrow ADEGA denuncia altas concentracións de metais pesados nos afluentes do Eume
ADEGA denuncia altas concentracións de metais pesados nos afluentes do Eume Imprimir E-mail
fervedoiro.jpg20 de outubro de 2008. Logo de que Medio Ambiente anunciara a "normalización" do Eume e dera por "controlada" a acidez, ADEGA denuncia que persiste un grave risco ambiental e de saúde pública polas altas cantidades de metais pesados que amosan as augas. Recentes análises encargadas por ADEGA á UdC, dan valores moi por riba dos límites legais para determinados metais pesados nos ríos Lavadoiro e Chamoselo, que están sendo inxectados ao Eume. Particularmente preocupantes son os níveis de cromo, níquel, cadmio, arsénico e uranio, este último con valores que superan 24 veces o recomendado pola OMS. A situación no Eume está moi lonxe da "normalidade" que se quere vender. Ademáis dun encalado permanente para corrixir a acidez, como se vai solucionar o problema dos metais pesados? Analises AUGA EUME.pdf Análises AUGAS EUME (31 KB)
 

As augas ultra-acedas dos ríos Lavadoiro e Chamoselo provintes dos entullos da autovía Ferrol-Vilalba chegan ao Eume. Malia aos masivos aportes de carbonato feitos pola Consellaría de Medio Ambiente, o pH volve amosar preocupantes picos de acidez. Por desgraza, este "tratamento de choque" con cal vai ser necesario de xeito permanente, para paliar as consecuencias das escorrentías ácedas das obras e dos continuos vertidos que dende hai máis de 30 anos realiza Endesa no Eume, e que se encontran depositados en forma de lamas acedas no encoro da Capela.
No entanto, os labores levados a cabo pola consellaría para recuperar o pH deixan sen tratar outra preocupante consecuencia dos vertidos: phmeteume.jpga cantidade de metais pesados que están sendo inxectados na bacía do Eume, e que en moitos casos, pasan directamente á cadea trófica.
A este respeito, ADEGA encargou análises independentes non só do pH e dos parámetros usuais da auga, senón tamén dos metais pesados presentes en diversos puntos da bacía do Eume. Os resultados destas análises realizadas pola Universidade da Coruña son preocupantes: as cantidades presentes de  Al, Ni, Zn, As, Cd, Cr, Se e U, entre outros, superan en moitas veces os límites permitidos e as recomendacións da OMS (Organización Mundial da Saúde).
 

 

Al

Ni

Zn

As

Cd

Cr

Se

U

MOSTRA

mg/L

mg/L

mg/L

ug/L

ug/L

ug/L

ug/L

ug/L

1

0,012

0,0081

0,0127

<0,2

<0,1

<0,5

<1,0

<0,05

2

0,034

<0,0001

0,0025

<0,2

<0,1

<0,5

<1,0

<0,05

3

6,13

0,190

0,185

<0,2

<0,1

<0,5

<1,0

2,60

4

287

6,09

5,29

235

18,0

113

1,7

362

Límites

0,1

0,05-0,2

0,03-0,5

50

3

50

1

15

MOSTRA1- Río Eume. Marxes do encoro da Capela.

MOSTRA2- Río Eume. Augas arriba da confluencia co Chamoselo.

MOSTRA3- Río Chamoselo, antes da confluencia co Eume.

MOSTRA4- Río Lavadoiro, afluente do Chamoselo (recolle escorrentías das obras da autovía Ferrol-Vilalba e do polígono de Airios)

Valor guía recomendado pola OMS (Organización Mundial da Saúde)

Real Decreto 995/2000, de 2 de xuño, polo que se fixan obxectivos de calidade para determinadas substancias contaminantes e se modifica o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, aprobado por Real Decreto 849/1986, de 11 de abril.

O Aluminio, cuxa toxicidade se relaciona coa promoción do Alzheimer, supera en 2870 veces o recomendado pola OMS; metais moi tóxicos como o Arsénico e o Cromo superan en 4,7 e 2,2 veces os límites legais, mentres que o Uranio está 24 veces por riba do recomendado pola OMS. Á vista destes datos, ADEGA pregunta a Augas de Galiza que está a facer para atallar o problema dos metais pesados no Eume.

Alén disto, facemos tamén a seguinte reflexión:

O problema do Eume é crónico: décadas de vertidos mineiros e chuvia áceda, agravadas polas recentes obras fan que nalgúns treitos o río esté prácticamente morto dende o punto de vista biolóxico. E hai unha nova ameaza a unha escala aínda nuncda vista:  Endesa pretende tirarlle unha importante cantidade de auga para o recheo do oco da mina, un proceso que xa comezou e que comporta riscos ambientais e de saúde pública non suficientemente avaliados. Tendo en conta que o vaso que se pretende encher ten os mesmos materiais e mesmo algúns máis tóxicos que as obras que deron lugar á última crise, e que Endesa ten previsto asulagar dúas entulleiras con material altamente contaminante a unha escala que multiplica por moito as obras da autovía, o futuro lago pode rematar sendo unha enorme, inestábel e perigosa balsa aceda ateigada de metais pesados, que verterá as augas ao Eume.

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
Adega