Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de Educación Ambiental arrow Voluntariado ambiental para a erradicación de especies invasoras nos ríos
Voluntariado ambiental para a erradicación de especies invasoras nos ríos Imprimir E-mail
Arrincando carpobrotus. Amplía!8 de outubro de 2008. Continuando co programa "Voluntariado en Ríos" do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, e dacordo cos datos recollidos no informe do ano pasado ADEGA-Proxecto Ríos apresentan o II CAMPAMENTO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL que se adicará á eliminación da flora exótica invasora no río Tea. Será nas últimas tres fins de semana de outubro no albergue Alentea e os/as participantes terán cubertos os gastos de desprazamento, aloxamento e mantenza.
 

Os traballos consistirán na erradicación de diversas especies invasoras presentes en diferentes treitos do rio Tea. As especies a erradicar son plántulas de duas árbores (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon) coñecidas vulgarmente como mimosas, a falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e pequenas matas do falso bambú (Arundo donax).
Ademáis actuaremos sobre unha herbácea provinte de América do Norte (Conyza canadensis), a tintoreira ou uva das Américas (Phytolacca americana), o garrapatón (Bidens frondosa) e a Tradescantia fluminensis coñecida co nome de amor de home.
Nas xornadas de traballo explicaranse de maneira práctica e seguindo un protocolo os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios/as poida levar a cabo os traballos axeitadamente.
Cos datos recollidos realizarase un informe do estado de especies invasoras do río Tea, que se presentará ao Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Mariño, á Confederación Hidrográfica do Norte, á Consellería de Medio Ambiente e outras entidades.
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA