Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Últimas novas arrow Electrodomésticos, colchóns, ordenadores... Benvidos á república independente dos nosos ríos
Electrodomésticos, colchóns, ordenadores... Benvidos á república independente dos nosos ríos Imprimir E-mail
rato1.jpg6 de outubro de 2008. Éxito da limpeza simultánea dos ríos galegos. Preto de 240 grupos de voluntarios/as puxéronse as botas o pasado día 4  na I XORNADA DE LIMPEZA DE RÍOS en rede. Foron máis dun cento de toneladas de lixo as retiradas de 22 ríos do país. Con esa iniciativa, ADEGA quere chamar a atención sobre a situación na que se atopan moitos cursos fluviais nas que toneladas de refugallos amoréanse nas beiras e canles. É responsabilidade de todos/as, cidadanía e administracións mirar polo bo estado dos ríos. Dende ADEGA, queremos agradecer o apoio e o compromiso solidario dos centos de persoas que participaron.
 

rato2.jpgDende ADEGA facemos unha valoración positiva do acto pola masiva participación de voluntarios/a, o que nos move a pensar que somos cada vez máis persoas as comprometidas coa defensa dos nosos ríos. Sobre o problema dos vertidos de lixo, tiramos as seguintes conclusións:
 
-As campañas de concienciación para  a minimización, correcta separación e tratamento dos residuos domiciliarios deben ser continuadas no tempo e suficientemenmte dotadas de recursos e persoal. baa1.jpgA educación ambiental, e non únicamente da poboación en idade escolar, e un instrumento fundamental para promover a corresponsabilidade e os hábitos sustentábeis é un piar fundamental na xestión dos refugallos.
 
-Os concellos deben ter un papel central na vizianza e coidado dos nosos ríos. Instrumentos como a Axenda 21 ou o propio PXOM deben estar encamiñados a protexer, conservar e recuperar os cursos fluviais do concello. 
 
baa2.jpg-Dende ADEGA reclamamos un plano urxente de limpeza e recuperación dos ríos galegos como fonte de vida, riqueza, saúde e ocio. As distintas administracións deben coordenar os seus esforzos para non seguir de costas a unha preocupante realidade: a perda da calidade ecolóxica dos ríos, nun horizonte de escaseza de recursos e cambio climático global.
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA