Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Novas de Educación Ambiental arrow Ponte as botas: limpeza simultánea de ríos en 22 concellos galegos
Ponte as botas: limpeza simultánea de ríos en 22 concellos galegos Imprimir E-mail
limpezar08.jpg O sábado 4 de outubro, ADEGA e o Proxecto Ríos organizan unha limpeza simultánea de ríos en colaboración con entidades e 22 concellos que participan no Proxecto Ríos. Un dos problemas máis graves que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nas canles e ribeiras. Con esta iniciativa en rede queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os ríos como premisa para conservar a súa/nosa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día: para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis e depende de todos/as frear a crecente contaminación que están a sufrir. Descarrega Protocolo LIMPEZA RIOS.pdf Protocolo LIMPEZA RIOS (1.65 MB)
 

 O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. 

 limpeza_ros_laln_90.jpgNesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. Este é o primeiro ano que o Proxecto Ríos coordina unha actividade de limpeza de ríos, que pretendemos continuar aumentando os grupos e zonas nas que se realice a limpeza.

Concellos colaboradores: Abegondo, A Estrada, Arteixo, Carballo, Celanova, Cuntis, Ferrol, Guitiriz, Lalín, Lugo, Melide, Ordes, Ponteareas, Pontevedra, Porriño, Ribadumia, Rois, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Xove.


As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.


Podedes consultar, na seguinte táboa, cal é o/a coordinador/a de cada zona:

Grupo/Concello

Persoa de contacto
Teléfono
A ESTRADA: Asociación pola Defensa do Val do Liñares
Chus Goldar
626 768 826
ABEGONDO: Departamento de Medio Ambiente
Mª Carmen
686 352 866
AGOLADA: Eira da Xoana (ADEGA)
 Marcial Barral
616627318
ARTEIXO: Departamento de Medio Ambiente
Óscar Miranda
981 64 18 15
CARBALLO: ADEGA-Carballo
Paco Graña
646 42 10 19
CELANOVA: ADEGA-Ourense
Xan Carlos
629 635 945
COMPOSTELA: ADEGA-Compostela
Paco Bañobre
981 57 00 99/627 628 194
CUNTIS: Asociación O Fervedoiro
Heitor Picallo
676 188 619
FERROL: ADEGA-Ferrol
Nes
649 779 774
GUITIRIZ: Departamento de medio Ambiente
José Cornide
982 37 01 09
LALÍN: Departamento de Medio Ambiente
Xosé Manuel
986 78 72 02/616 937 854
LUGO: ADEGA Lugo
Xosé Rodríguez
Benjamín Cela
678 810 217
982170435/676228883
MELIDE:
Asociación de troiteiros do río Furelos
696 607 348
ORDES: Departamento de Medio Ambiente
Xesús Pereira
649 84 56 74
PONTEAREAS: ADENCO e ADEGA-Paradanta
Anxo Saborido
666 893 879
PONTEVEDRA: ADEGA-Pontevedra; Vai polo Río; Cedofeita; Integra Futuros
Manuel Fortes
Xosé
676 088 486
676 842 942
PORRIÑO
Paula Domínguez
658 943 491
RIBADUMIA:Colectivo Ecoloxista do Salnés e Asociación Roi Vicente
Mª Dolores Barreiro
680 580 086
ROIS: Departamento de Medio Ambiente
Ana Yansi e Ángeles Bouzas
981 804 109
SALCEDA DE CASELAS: Asociación TRECECATORCE
Fran Rei
615 421 199
TEO: CEIP A Ramallosa


VIGO: ADEGA-Vigo
Xan Vilaboa
629 271 224
XOVE: Aula de Medio Ambiente
Desireé González
651 600 173
< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA