Menu Content/Inhalt
INICIO arrow Novas arrow Últimas novas arrow Protesta contra IBERDROLA poa súa intención de destruir o Canón do Sil
Protesta contra IBERDROLA poa súa intención de destruir o Canón do Sil Imprimir E-mail

Copia este texto ou redacta un ao teu gosto e envíao aos seguintes enderezos electrónicos:

medioambiente@iberdrola.es

clientes@iberdrola.com

http://www.iberdrola.es/webibd/corporativa/iberdrola?IDPAG=ESWEBACCCONTACTARED&WT.ac=SIGUENOSENLASREDESSOCIALESACD


Sres. de Iberdrola:

Como galego/a sensibilizado/a co coidado do medio ambiente, quero expresarlles o meu rexeitamento á política de destrucción e depredación dos recursos naturais que está levando a cabo a súa empresa en Galiza. Concretamente, os proxectos de centrais hidroeléctricas soterradas no río Sil, Santo Estevo II (en execución) e Santa Cristina (en exposición pública) van deteriorar irreversíbelmente os valores naturais deste espazo protexido, parte da Rede Natura 2000, e fogar de especies en perigo de extinción.

Quero denunciar tamén a súa hipocresía ao gastar millóns de euros en indecentes campañas publicitarias e iniciativas enganosas como "Huella Verde", "Energía Sostenible", "Lo hemos hecho bien...", mentres son directamente responsábeis da deterioración dos nosos espazos naturais protexidos.

Saiban que debido a esta actitude hipócrita e á súa avaricia, comprométome a difundir e denunciar públicamente a súa política depredadora e insolidaria, a non ser cliente/darme de baixa da súa empresa e a deixar de consumir os seus produtos.

Atentamente,

 

< Anterior   Seguinte >
designed by www.madeyourweb.com
ADEGA